Instalacións

100_0370

100_0373

A S.D. Sofán xoga dende a súa fundación no campo do Carral. Antiguamente un prado situado no lugar do mesmo nome, á entrada do pobo na estrada de Carballo a Ordes, o campo tivo unha gran transformación co paso dos anos, sendo agora mesmo a envexa de todos os equipos da categoría polo seu cuidado tapete, un dos poucos de herba natural que quedan na zona.

 

 

VigorhoodPara a tempada 79/80, a do debut do clube na liga da Costa, fixose unha colecta entre os veciños, e foron os propios habitantes da parroquia os que se puxeron mans á obra para que o clube tivera un campo de seu. Compraronse os terreos, e levantouse o muro tan característico da porteria sur, que todavia perdura na sua forma orixinal. O custo total das obras, finalizadas en decembro do 78, foi de 605.072 pesetas. A colecta veciñal chegou a xuntar mais de 700.000 pesetas. Xa estaba instituido o caracter parroquial da instalación deportiva.

 

Co paso dos anos, os cambios no campo do Carral foron numerosos, sempre no mesmo emplazamento. A directiva actual fixo construir uns graderios para maior comodidade dos socios, e cambiouse o tradicional campo de terra pola herba natural que actualmente da color ó noso precioso campo.

 

É o do Carral un dos poucos campos da zoa que todavia pertencen ó clube, e non as administracións públicas. Os socios son os propietarios do terreo de xogo, cuestión que lle da á S.D. un valor patrimonial importante.   img470