Historia

Os iniciosAnos 80Anos 90Anos 2000Xogadores HistóricosClasificacións HistóricasHistórico de Presidentes
seminaristasO Sofán dos seminaristas – O cura Carracedo conqueriu que moitos rapaces de Sofán tiveran unha mellor educación e foran estudiar no Seminario da Coruña, en Santiago, ou alén de Galicia. Polo xeral os seminarios foron boas escolas de futbolistas. Cando se xuntaron todos os de Sofán, montouse un equipo como é debido, un magnífico conxunto derrador do cal acudia en masa a parroquia enteira a velos xogar. Habia que poñer unhas cordas polas beiras do campo para que a xente non entrase, e a señora Estrela do Larino vendendo fatóns na porta do campo. O Carral era o lugar de encontro da xuventude, que logo pelexaban por subir da man dalgunha moza cara o pobo.

Naquel equipo estaba o Carteiro, os Gemelos da Sociedad, Basilio do Charro, Canducho de Fontes, Pepe de Nicesio, Manolo de Pallas ou Lito de Calviño, correndo entre os toxos. Reforzaba o equipo un verdillés, Torrado, e todo comandado por Che de Bastian. Nos anos sesenta o referente do fútbol na zoa era o Bergantiños, campion da Copa Galicia no ano 69, equipo de Preferente. Ainda lamentan o dia que aceptaron a invitación daquel Sofan afeccionado que se xuntaba de cando en cando no tempo que remataban as clases no seminario. A malleira que recibiron os de Carballo foi sonada.

Mesmo os curas lle daban xeito á cousa. Gillermo o do Tarambollo e Manuel Nemiña, de Artes, atreveronse a darlle patadas o balón, e incluso algún saia con sotana ó campo.

O 25 de xullo de 1960, o día do Apostol, o Sofán saltou ó campo para medirse ó Silva. Era o debut oficial dun equipo da parroquia. O Carral de bote en bote, coa xente colgada dos pinos para ver o partido. Naqueles tempos era todo ilusión, inocencia. E así foron chegando os derbis contra o San Roman, Montemaior e demais equipos.

 

 

 

321

O Inter de Sofán, precursor da Sd nos anos 60.

O Inter de Sofán – Primeiros sesenta. Luisito Suarez acaba de fichar polo Inter de Milan procedente do Barsa. O xogador galego mais importante da historia conquerirá facer grande a un conxunto italiano que viste de azul e negro.

O Sofán inicial, aquel nado da man do fundador Che de Bastián, vestia igual que o Deportivo da Coruña, de branco e azul. Uns anos mais tarde decidiron un cambio no estilo das camisolas e apostaron por esas cores do Inter. E alí se dirixiron os rapaces da aldea, cara a tenda de Cuenca y Botana preto da coruñesa fonte de Santa Catalina. Amarraron un xogo de camisolas do Inter e seguiron a tradición iniciada anos antes de xuntarse durante as festas, no verán, ou cando boamente puideran, para botarlle un partido ós dos arredores: Laracha, Cerceda, Verdillo… Só era necesario quedar na feira ou nalgunha festa, xuntar un equipo e botar un partido. Fútbol maiores pretensións. Os desta quinta coincidian na misa, ou na casa de Paco o Cordobés para amañar o equipo titular.

E asi sairon os da foto. A táctica brillaba pola sua ausencia. Pepe do Ferrador na porteria. Armando, pequeno e moi axil na defensa. Rogelio do Carpinteiro poñendo a seriedade. E o resto, cara arriba. Lito de Beba, cunha zurda con categoría. Che do Cego, xogador moi técnico, e co pitillo na boca que non habia quen llo sacase. Jesus de Rama, habilidoso extremo. Paco o Cordobés, talentoso xogador. Con estos mimbres dabaselle guerra os que viñan xogar o vello Carral, antes leira que campo. Se non había porterias. pois poñíanse uns pinos. Nas festas enchiase o campo.

Nun amigable co Paiosaco, tanto gustaron alguns dos xogadores sofanistas, que os verde e brancos levaron ata a 7 homes para o seu equipo federado. Aquel Inter de Sofán pasou a ser sen querer un filial do Paiosaco.

J89H1
O trofeo das festas do ano 79.

Pasados os anos, xenerase o interese por federar o clube e poder competir na Liga da Costa. O 26 de setembro do 77 dase o primeiro paso, mandando un escrito o Concello de Carballo para poder realizar obras nun terreo comunal no lugar do Carral. O que foi o sitio de xogo dende o inicio seguirao sendo ata o dia de hoxe. O 23 de decembro constituese a xunta directiva, con Jose Bello Pallas como primeiro presidente. As obras inicianse o 29 de decembro. O 17 de febreiro de 1978 xuntase a todos os socios do Teleclub no bar Marisol, e o cura do pobo pide o apoio social para o clube, o cal é unánime. As obras avanzan, e o campo é un feito en pouco tempo. Así, o 25 de maio do 79, xa con terreo de xogo, a S.D. nace oficialmente. Asisten 128 persoas á Asamblea de Constitución, artellanse os estatutos do clube, e comunícase á Federación a intención de participar no campionato 79/80, no grupo B da zoa da Costa. O primeiro partido xogarase contra o Soneira, o dia 16 de decembro de 1979. Arrincou ese dia unha fermosa historia de victorias e derrotas, pero sobre todo dunha fidelidad a proba de bombas a un modelo de facer as cousas.

A primeira alineación da Sd é a seguinte: Brandon, Larino, Bolón, Varela I, Luis, Gago II, Varela II, Eduardito, Gago I, Chucho e Serrano. O unico gol do encontro marcouno Serrano ó rematar un centro de Moncho Varela.

A primeira tempada é prolixa en anécdotas. O plantel que formaba a Sd baixo a dirección de Paco Garcia de Searez, O Cordobés, era o seguinte: Brandon e Antonio como porteiros, e Larino, Bolón, Luis Lamas, Gago, Manolo Varela, Moncho Varela, Eduardito, José Luis, Gago II, Chucho, Serrano, Arijón, Zurdo, Suso, Manuel Jesus, Francisco Cabeza, Antonio de Guitoy, Gabriel e Fuentes.

Na terceira xornada producese o primeiro derbi na liga da Costa. A Sd vence 5-3 ó San Lorenzo. Nun Carral ateigado ata a bandeira, os locais emborrachanse de fútbol, e os 20 minutos xa gañan 3-0. Chegan a ir vencendo por 5-1. Os de Verdillo traian polvora pero tiveron que gardala ante a superioridade do Sofán. Plantouselle cara ó Ponteceso, o subcampion de liga, que tiña figuras no seu plantel como Isidro, Pereira, Moreira, Mata ou Recarey. No Carral, 1-3 para os pontecesáns con gol de Manolo Varela para o Sofán. O equipo empata en campos case imposible como Laxe e Camariñas. Os camariñáns, que foron os campións, e goleaban os rivais sin piedade, sufriu para empatar ó Sofán. Mais de 700 afeccionados viron como o Sofán gañaba por 1-2 a falta de 10 minutos para o final, pero un gol do mítico Furoco deixou o marcador en empate.  Partido épico foi o da segunda volta contra o Laxe no Carral. O Laxe dos tinocos viña de 10 partidos sen perfer e mordeu o polvo en Sofán. 3-1, goles de Francisco, Moncho Varela e Serrano, e Gago II rematando de porteiro e facendo paradas de mérito.

dfsdsf
O primeiro derbi de visitante: San Lorenzo 3 – Sofán 2

Acabouse no medio da taboa, con 24 puntos. O máximo goleador foi Moncho Varela con 12 tantos, seguido polos 8 de Serrano e os 7 de Chucho. Na copa da costa tocou un rival fortísimo, o Ponteceso, que venceu 2-0 na vila de Pondal, e igualou a 0 no Carral, eliminando os de Sofán.

J89H11O equipo de xuvenís do 84 –   No vestiario hai completo silencio. Os chavales saben que o partido está dificil. Marcar tres goles en medio tempo non é traballo para calquera. Oense as optimistas consignas no vestiario do lado. Nel descansan 11 xogadores con grandes aspiracións, deses que algún dia probablemente sexan figuras do deporte rei, rapaces que teñen as mellores instalacións para adestrar e que ó chegar ó Carral ollaron con desprecio as suas formas. É o Fabril xuvenil. O resultado é 0-3 para os visitantes. A Sd teno verdadeiramente jodido.

Pero un non deixa de ver á moza un domingo pola mañan para nada. O adestrador Varela di duas palabras e un par de xogadores dos mais botados para adiante levantanse e animan … pillaronnos despistados no primeiro tempo, agora comemolos¡¡¡… Dito e feito. Na segunda parte os da Coruña non saen da sua area. O porteiro desesperase, chovenlle de todos lados. O publico arrimase á barandilla e grita dende o fondo dos pulmons, os xogadores notan un olorciño suave a caña de herbas, parece que o lecer na cantina foi proveitoso. Caen os goles: un, dous, tres… Os da clase alta piden papas, e os pobres da aldea sintense como cando David tumbou a Goliath. Fin do conto.

Isto que parece un guion de pelicula ocorreu fai uns anos no vello campo do Carral. Na tempada 84/85 un grupo de chavales escribiu unha das mais bonitas paxinas da historia do fútbol costeiro. Santi, Moncho, Mariño, Caamaño, Javier, Alfonso, Lito, Pallas, Puskas, Dámaso, Barca. Este era o equipo mais habitual alineado por Manolo Varela. Tamen Rizos, Juan, Alberto, Richard, Perfecto, Cebey ou Ricardo estaban ahi. O ano anterior gañaran a liga da costa de xuvenis e na fase de ascenso foron caendo os rivais ata que na ultima eliminatoria o Relampago de Elviña mordeu o polvo en Sofán.

E na liga Galega, os trasatlanticos da época: Fabril, Vista Alegre, BrigHJ1antium, Compostela… todos derrotados en Sofán. Acabaron oitavos na pugna ligueira, marcando un teito que agora parece moi lonxano. Por desgracia o carto é o carto, e o que non poideran facer os grandes equipos, fixérono as dificultades economicas que supoñia manter o equipo nesa categoria. O Sofán renunciou e descendeu.

E que pasou cos nosos heroes? Alguns deixaron o futbol, como o habilidoso Dámaso, outros pasaron o primeiro equipo do Sofan, como Santi ou Barca. Caso aparte é o de Lito, xogador excepcional que dou tardes de gloria ó Bergantiños e chegou ó Superdepor. Lito cumpliu os soños que todos tiñan aquela mañan de domingo. Lito estivo en Maracaná na homenaxe a Roberto Dinamita cando o Deportivo asombrou a Brasil gañando ó Vasco de Gama.

O fútbol é grande e caprichoso. Quen sabe se con un pouco de sorte algun daqueles magnificos futbolistas sería hoxe recordado por xestas mais altas. Pero na memoria queda aquel ano, que para quen tivo a sorte de vivila significou o triunfo da humildade. O balón igualou a ricos e pobres e as ansias de gloria fixeron o resto.

sofan (2)
Equipo na tempada 80/81

O Sofán na Copa da Costa nos anos 80 – Na tempada 80/81 foi unha das mellores participacións da Sd na copa. O Camariñas B e o Carnota non puideron frear o ímpetu sofanista, e so foi eliminado en cuartos de final contra o Malpica. Perdeu os dous partidos da eliminatoria e tivo que quedar sin disputar a semifinal contra o potente primeiro equipo do Camariñas.

Na 81/82 e na 82/83 o camiño rematou no primeiro partido. Na primeira o Xallas remontou a ventaxa que lograra o Sofán no Carral. O ano seguinte non houbo cor, empate en Sofán e derrota por 6 a 2 en Carnota.

Foi na 83/84 onde se tomou a revancha. Eliminouse ó San Roman. E na seguinte rolda outra vez toca o Carnota, que gana 2 a 0 en Lombans. Pero no Carral, o Sofán cun futbol espectacular, remonta e logra un 7 a 0 inesquecible. O Camelle tampouco foi rival en oitavos de final. Pero en cuartos cruzouse o Laxe, un dos mellores Laxe da historia, imparable nos torneos copeiros. Gañon no campo do Escarabajo por 1 a 0 e aguantou no Carral, empate a 3 tantos, na eliminatoria que peor o pasou o futuro campion de Copa.

Os catro anos seguintes non aportaron demasiadas alegrias, o Sofán era un rival asequible ó que lle custaba superar a eliminatoria inicial.

   HJ historicas (31)

peñaPeña Sofán: O titulo sen trofeo, 96/97 – Dende principios dos 90 a Peña Sofán consolidouse como un dos equipos importantes na liga de Peñas do concello de Carballo. O gran colofón chega na tempada 96/97. Fernando Serrano é o adestrador. Ricardo o presidente. Dende o principio da liga os vermellos dominan a competición. No fin da primeira volta os de Sofán van 3º, seguindo de cerca os lideres. A segunda volta foi de antoloxía: goleadas o Valencia por 6-0, o Anxeriz por 11-0 ou o Bertoa por 1-13 son exemplo do dominio que exercia. Na penultima xornada ganaselle á Peña Galicia por 3-1 no Carral e celebrase matemáticamente o titulo, tras 11 victorias consecutivas. Pero na ultima xornada, nun partido intranscendente, vaise xogar a Razo: o Razo faille o pasillo ó Sofán, xacanse fotos e celebrase o título antes do partido, con bombas de palenque, bailes. Pero en mitade do partido o arbitro suspende o encontro alegando que os energumenos de Sofán non deixan de armar barullo. A cousa vai o comité de competición, que multa ó Sofán con 5 puntos de sanción. A situación é esperpentica, pois tal comité está dominado polo Leiloio, equipo que casualmente se favorece da sanción e queda campion de liga. O Sofán é campion de liga, pero por esta cafrada burocratica o trofeo está en Leiloio. Incrible.

Sofan3Tempada 97/98

9899Tempada 98/99 – Foi a tempada de Periscal, ese mito como xogador e sarxento de ferro como adestrador, que levou á Sd ó seu primeiro titulo da Costa, na 3ª Rexional. Un equipo comandado pola calidade de Luis Gonzalez no centro do campo, un dos mellores xogadores da historia da Sd, sempre acosado polas lesións nos xeonllos. O seu arredor, bos xogadores como Agustín, Alberto Puga, Jano ou Rama, levan ó título cando ninguen o esperaba. Tempada gloriosa, co título de 3ª Rexional e unha gran participación na copa, onde se fai fronte a todo un Malpica campión de 1ª Rexional, que sucumbe 4-2 no Carral, e so nos minutos finais e quen de ganar 4-1 na Pedra Queimada.

0203Tempada 02/03 – Ascenso a 2ª Rexional. Con Jose Mendez como adestrador, e os goleadores Suso Docampo e Juan Bello como figuras, a Sd logrou un sorprendente ascenso co que ninguén contaba. A plantilla do ascenso estaba composta por Pardiño e Dani como porteiros,

 

0304Tempada 03/04 – Completou a Sd un gran e inesperado ano baixo a batuta do mister da Ponte do Porto, Mendez. Rematouse no oitavo posto e salvouse a categoría sen demasiados apuros.  O conxunto sofanista rematou 12 puntos por enriba do descenso, destacando o seu gran final de tempada. No Carral sucumbiron equipos que quedaron na parte alta da clasificación, como o Soneira ou o veciño San Lorenzo. Triunfos en campos tan dificiles como Fisterra fixeron que o equipo non pasara apuros en ningún momento. Por primeira vez na sua historia a Sd tiña nas suas filas ó pichichi da categoría: Palermo, un loitador e oportunista dianteiro, foi quen de conquerir tan preciado galardón.

O plantel ese ano estivo composto por: Pardiño, Dani e Costa – Laracha xuvenil – como porteiros. Carlos – San Martiño – , Felipe, Gustavo, Cristian, Caamaño e Sergio – Laracha xuvenil – como defensas, Duga, German, Moncho, Alberto, Ivan, Beni, Juanjo, Roberto e Seixas como medios, e Suso Docampo, Juan Carlos Bello, Victor Docampo, You, Palermo – Peña Cances – , Ruben – Peña A Piña – , e Ruben II – Laracha xuvenil – como dianteiros. As baixas corresponderan a Señarís, Javi, Luis, Mikel, Chema e Rama.

0405Tempada 04/05 – Tras manter a categoria o ano anterior con nota, a Sd pensa nun cambio de rumbo no banquiño, e ficha a Carlos Mesía, adestrador que anteriormente estivera no Mesía, Meson do Bento e San Martiño. O plantel non sufre excesivos cambios: son baixa Duga, Caamaño, Emilio, Beni e Palermo, e fichanse a Jose Marta, a Fernando, Soler, Kiko do veciño San Lorenzo, e Toma, un francés que quere probar sorte na liga da Costa. Desta maneira internacionalizase a Sd, pois o dianteiro Kiko tamén é nacido no pais veciño. Seguen como puntais do equipo os irmáns Docampo, Victor e Suso, Juanjo, Seixas, Germán, Gustavo ou Maqui.O plantel completo é o seguinte: como porteiros, Dani e Costa. Defensas: Cristian, Sergio, Carlos, German, José, Gustavo e Felipe. Medios: Seixas, Ivan, Roberto, Maqui, Juanjo e Moncho, e dianteiros: Suso Docampo, Victor Docampo, You, Pabeto, Kiko e Toma

Pero o equipo fai unha campaña moi frouxa e descende a 3ª Rexional xunto co Montelouro. Os continuos problemas de efectivos unidos a unha traxectoria irregular dende o principio fai que Mesia sexa incapaz de enderezar o rumbo e o clube acabe unha vez mais na ultima categoria do fútbol modesto.

0506Tempada 05/06: Despois do descenso,  a directiva tentou dar un xiro radical ós plantexamentos anteriores contratando ó ex xogador do San Lorenzo e Baio, Chema Eiris, para dirixir a  nave ó ascenso de categoria. Na súa primeira experiencia nos banquiños, o novo mister reforzou o equipo con xente veterana como Carro (Baio) ou Pombo e Manolo Varela (San Lorenzo). Para completar o lavado de cara, o equipo viuse na obriga de ter que xogar no desterro das Eiroas, pois o campo do Carral preparabase para o aspecto que presenta actualmente.Dende o comezo o equipo foi favorito para o ascenso, e pese a debutar con empate no campo da Esteirana, a SD puxose lider na sexta xornada e xa non deixou o primeiro posto. Iste dato da idea do dominio que exerceron na categoria, pois mantivose 24 xornadas na cabeza, e acabou por ser o equipo menos batido e o segundo mais goleador, a un tanto do Montelouro. Dende a septima xornada os tres equipos que ascenderon o final do ano, Sofan, Louro e Buño estiveron en cabeza. Eran claramente os favoritos e non defraudaron. Vironse inquietados nos arranques ligueiros polo Pindo e o Mazaricos que empezaron moi fortes o campionato para desinflarse na segunda volta. En toda a campaña so se perderon 3 partidos. O partido co Buño na ida, resultou clave. Nunha tarde de gran futbol, a SD remontou en Xaviña o gol inicial de Victor para vencer 1-2 e distanciarse na cabeza, marcando xa o territorio do que sería o resto da competición. Esta diferencia iria crecendo ata o final da liga. O equipo daba espectaculo ali onde xogaba. . Dous pinchazos seguidos o principio da segunda volta parecian iniciar o bache tipico de todas as tempadas, pero logo pillase a agulla de marear e obteñense 10 victorias en 11 partidos, datos concluintes que aseguraban o campionato.

O potencial da SD foi apabullante no campo das Eiroas: os datos son unha boa mostra: 43 goles a favor e 7 en contra, as dimensions das Eiroas foron demasiado para os equipos rivais. A falta de duas xornadas o equipo proclamouse campeon matematicamente gañandolle ó Cabana en Carballo. Para redondear a festa, o capitan Suso Docampo conseguiu o pichichi da categoria, anotando 25 goles, e superando por pouco a Carliños (Cabana)  Na Copa da Costa, o equipo, todavia coa mente no ascenso, foi eliminado en primeira ronda polo Lira que contaba cunha gran dianteira formada por Ancho e Juanjo. Este Lira seria a sorpresa da copa chegando a semifinais. O once tipo desta excelente campaña foi o formado por Dani; Jose, Pancho, Varela, Juanjo; Maqui, Pombo ; Carro, Victor, Suso e Cristian.

0607 1Temporada 06/07 Iniciouse o curso coas novidades de Mutio procedente do San Lorenzo, Gende do Ponteceso, Pizo do Bergantiños e Pablo Vázquez do Corcoesto, e Bertín e Eloy do Bergantiños. Se unha palabra define a temporada é irregularidade, alternando partidos esplédidos contra os equipos punteiros con partidos máis floxos ante equipos da zona media baixa da táboa. O equipo móstrase forte na casa collendo moita moral coa goleada infringida o Camariñas por  6 – 1 e co gran partido realizado contra o futuro campeón, Sporting Zas, co que se consegue empatar a 1 – 1. Lonxe do Carral parece que a SD se transforma e non é o mesmo equipo, tal vez por estar demasiado acostumados as reducidas dimensións do noso terreo de xogo e sufre e campos máis grandes. Todo equipo traballa en defensa e nótase nos poucos goles que se encaixan, pero na parcela atacante as baixas de Bertin e os irmáns Suso e Victor Docampo fanse notar e o equipo costalle ver porta con facilidade a pesar dos bos números goleadores de Cristian(12 goles) e Eloy(8 goles). Cando o calendario se complica e xogamos cos equipos da “ nosa liga” encadeamos tres derrotas consecutivas que nos situan na zona peligrosa da liga da costa, cando as cousas máis apretaban o equipo consegue  duas victorias impotantísimas ante Lira e Buño que dan aire na parroquia sofanista, despois destes momentos e cando ven o mellor momento da SD Sofan pois engancha 6 partidos consecutivos sen coñecer a derrota, esta racha vese truncada pola derrota clara e contudente ante o Corme en un partido moi pasado por auga e no que os cormeláns tiveron uns dos seus días de inspiración no que son capaces de gañar a calquera facendo ademáis un futbol exquisito. O equipo tal vez ainda ca amargura da derrota da semana anterior ante o Corme e de novo apretados pola clasificación, visitaba o campo de San Andrés para rendir visita o líder e ata aquel momento invicto como local equipo de Berto, os sofanistas no mellor partido do ano gañan 0 – 1 o futuro campeón nun choque no que derrocharon entrega, sacrificio e involucración todos e cada un dos xogadores e merced a unha enorme labor de equipo conseguiron levarse 3 importantísimos puntos de terras zasenses. A tranquilidade definitiva conseguese coa contundente victoria ante a U D Monte Louro por 4 – 1 coa que se aseguraba a permanencia por un ano máis no grupo 2º da segunda regional a falta de dous partidos para baixar o telón a temporada 2006 – 2007 no que a liga se refire.

Na Copa, o Sofán despois de eliminar con facilidade o Santa Comba B, encontrouse en oitavos de final co Ponteceso: o partido de ida xogouse nas Pedreiras de Verdillo e despois de poñernos 2 – 0 no marcador con  dous goles de Bertin, a SD incompresiblemente deixa escapar a xugosa renta da que dispoñía e vese sorprendido con dous goles de Salva de penalti e do ex sofanista Felipe. Co resultado de 2 – 2 viaxase a vila Condal en un partido no que se iniciaba de maneira similar o de ida pero neste caso eran os pontecesáns os que se situaban con 2 – 0 no marcador o descanso con goles de Nando e Salva, os de Sofán dominaban o esférico pero sen crear moito perigo e o Ponteceso a contra facía daño. No inicio dos segundos 45 minutos camboiu o panorama os sofanistas imprimiron un ritmo moito máis alto e con moi boas accións por banda primeiro Carro e logo Berti( que debutaba coa SD) consiguen empatar o partido e a eliminatoria. Cando todo parecía encamiñado a prórroga e co equipo de Carballo encerrando e dominando o Ponteceso, unha accion aislada un centro o segundo pao e rematado de forma impecable por Miguel Torrado o fondo das mallas de Costa. Xa sen tempo para a reacción a tensión da eliminatoria fixo surxir uns incidentes bochornosos que empañaron o gran partido desputado polos dous equipos.

0708Temporada 07/08  Terceiro ano de Chema no equipo. Para reforzar o plantel incorporouse ó gardameta jose ramon (Bergantiños xuvenil), o racial lateral Baneira (Paiosaco), o medio Marcial (Bergan b),o rapido extremo Adrian (Bergan B), o zurdo Oscar e o goleador Berti (Cerqueda). Volvese ó uniforme clasico con pantalon blanco e medias vermellas que parece traer sorte nos primeiros intres. Tras unha gran pretemporada que alimentou as esperanzas de cara á campaña ligueira na que incluso se gañou o trofeo das festas de verdillo no campo do maximo rival, o inicio de liga foi mais ben mediocre. En catro partidos o equipo solo sumara catro puntos e xa encaixara 9 goles, un dos males que afectou á SD, que acabou coma un dos equipos mais goleados. Unha victoria en carnota relanzou os homes de chema, que enlazaron unha xeira de partidos sen perder que os levou a ocupar a cuarta plaza na taboa clasificatoria. Foi clave o ultimo partido da primeira volta en corme, no que a sd xogou moi ben pero un gol de valiña no minuto 95 privounos dunha merecida victoria. Á semana seguinte remontouse un 3-0 en contra con 10 homes e baneira de porteiro empatando a treses de maneira incrible. A victoria na casa contra o malpica por 4-0 parecia que situaba a sd nos postos altos, pero duas semanas despois unha derrota inxustisima co ponteceso no carral iniciou a espectacular costa abaixo do equipo.

 Varias baixas inesperadas e falta de tension nunha plantilla que parecia ter todo feiro propiciou unha serie de derrotas solo salvadas en partidos na casa contra castriz e baio, que situou o equipo cerca do descenso a falta de duas xornada para acabar a liga. Foron especialmente sangrantes as derrotas na casa contra fisterra e esteirana, pois ainda que fora da casa apenas se puntuou nesta segunda volta, no carral o equipo sempre se mostrou moi forte. Para o partido clave de louro todos os integrantes do plantel se motivaron de forma especial, sacaron o futbol que levan encima e deron unha leccion no dificil campo de terra, vencendo por 0-3. para asegurar a salvacion ainda habia que puntuar contra o corme no carral, e abofe que foi ben complicada a cousa, pois os cormelans chegaron a ir gañando por 0-2, pero nun arranque de garra e amor propio logramos igualar a contienda e salvar a categoria de maneira emocionantisima.

No torneo de copa tocou en sorte o camariñas na primeira ronda, que logo de caer derrotado por 2-1 no carral, venceu polo mesmo resultado en baio no partido de volta e eliminou a sd nunha aciaga tanda de penaltis.

0809 3Temporada 08/09 – Foi a tempada 08/09 a do cambio de ciclo na SD. Tras 3 anos ó frente do equipo, Chema Eiris deixou a nave sofanista, recalando nela como subsituto o arteixán David Baña, técnico procedente do Victoria Xuvenil. Da súa man chegaron para reforzar o plantel Mario Casal (Buño), o zurdo Dieguito (Malpica), o lateral Christian (Baio), o gardameta Adrián Abelenda (Bergantiños B), o racial Marquitos (Arteixo), Alex (recuperado), Santi Cambón (Baldaio) e o prometedor atacante Abel (Victoria xuvenil). O equipo era compensado en todas as súas liñas e parecía que podía ser unha tempada moi bonita.

O arranque do equipo foi lento, con dous empates nas primeiras xornadas, aínda que fora contra equipos punteiros coma o Baio e o Ponteceso, máximo favorito ó título. Na terceira xornada tocaba visitar Muros, onde se produciu o feito que mais dou que falar na Costa este ano: a alineación indebida do gardameta muradán Lupi, denunciada pola SD, que lle permitiu gañar os tres puntos nos despachos tras un interminable litixio que chegou ata a Xunta de Galicia. A Sd viuse sometida a diversas presións e infamias por parte de algún medio de comunicación, pero mantivo a súa postura crendo sempre que era a correcta, e así lle foi dada  a razón por parte dos tribunais.

A primeira vitoria chegou no campo do Castriz, un dos mais difíciles da categoría, e foi unha inxección moral para un equipo que xa se cria capaz de todo. O equipo practicou moi bo fútbol durante toda a primeira volta, pero foron demasiadas as igualadas que lastraron a puntuación do conxunto, como aquela no derbi nas Pedreiras de Verdillo: tras ir gañando por 0-2 ós 20 minutos o equipo deixouse empatar e non foi quen de gañar un partido que merecera.  Sen embargo unha xeira de 4 vitorias en 5 partidos ante Santa Comba, Xallas, Porteño e Baio, puxo ó equipo a un paso do primeiro posto, en vésperas dun dramático Ponteceso – Sofan.

Foi este o partido mais brilante do equipo en todo o ano. No Pinguel, a pesar de comezar perdendo, a Sd dou unha lección táctica e de contragolpe, venceu por 2-4 e situouse a 2 puntos da cabeza da táboa, ocupada polo propio conxunto pontecesán. Íase ver agora se o mal de alturas afectaría a un equipo xoven e en franca progresión. Para mais morbo o seguinte visitante foi o Muros, que empatou a 4 nun tremendo partidazo no Carral, onde a afección local mostrou un exquisito comportamento a pesar de todo o falado sobre o partido de ida.

Sen embargo, aquí se pinchou o globo da SD. Na seguinte saída, a terras corcubionesas para medirse co colista, a SD caiu sorprendentemente derrotada, e o mesmo camiño seguiu o Sofan-Castriz da xornada seguinte. A SD perdía as súas opcións de titulo ante a imparable marcha do Ponteceso, e a segunda volta fíxose longuísima para os homes de Baña. Unicamente Corme e San Lorenzo caeron derrotados ante o Sofan, que se dedicou a ver pasar a tempada e pensar no que puido ser e non foi.

No torneo copeiro fixo un bo papel a SD, pero a sorte no sorteo non acompañou. O primeiro rival foi o Fisterra, que caeu derrotado en Sofan pola mínima, en un partido moi tenso no Ara Solis, volveu a caer e foi eliminado, a pesar de marrar os de Sofán unha máxima pena. O rival en oitavos de final foi o Xallas, que gañou 2-1 no Carral. O partido de volta, grabado polas cámaras de QuePasaNaCosta, foi apaixoante. A SD marrou ata sete ocasións clarísimas de gol, chegou empatado ós últimos minutos de partido pero un gol postreiro dos xalleiros acabou coas esperanzas da Sd.

0809Temporada 09/10 – Segunda tempada de Baña no banco do Carral. Montase un gran equipo, cos fichajes de Roberto Souto do Castriz, Diego procedente do Malpica, Aleman do San Martiño, Jacobo do Arteixo, Pensado do Soneira e Miniño do Zas. Veterania e calidade a partes iguais. Pero o equipo non carbura de inicio. Tres derrotas nos catro primeiros partidos de liga encenden as alarmas, e a pesar dunha gran victoria en Fisterra, o equipo volve a igualar na casa no derbi mais multitudinario de todos os tempos. Case 1000 persoas ateigan o Carral para ver un xusto empate nun tensisimo partido. Este foi o inicio da recuperación, a Sd gana en Zas e a Esteirana e Corme no Carral, e escala postos. Xa o empezan a temer os clubes punteiros.

 Producese esta tempada un feito moi digno de resaltar. A Cadena Ser – Radio Nordes, dalle á directiva da Sd o premio á mellor directiva da Costa nunha gala celebrada en Vimianzo. Os clubes recoñecen así o bo facer da nosa xente. Poucos dias despois, e con motivo do partido Sofan – Porteño, a Sd dona a recaudación ás victimas dun terremoto en Haití, a traves da Cruz Vermella. Iniciativas solidarias en Sofán.

A pelexa por alcanzar a Xallas e Zas, equipos punteiros, continua, e o team de Baña vai arrepañando puntos e escalando posicións. Nun partidazo no Carral gañase o Camariñas 4-2 e eliminase a este equipo da loita polo título. Xa é cousa de tres. A Sd golea a Lira por 12 a 1, e a Montelouro por 7 a 0, da espectaculo, e convirtese no equipo que mellor fútbol realiza na liga. A baixa de Abel, por indisciplina, non merma as posibilidades ofensivas da Sd. O partido decisivo é o 20 de febreiro. Visita o Zas o noso campo. O encontro vai igualado todo o tempo, a Sd marra claras ocasións de gol, e faltando 2 minutos Braulio, a figura visitante da a puntilla e relega á Sd á loita pola 3ª plaza, posición que ocupará ó final do campionato. Ainda así, o 19 de abril, ten tempo o equipo de Baña de ganarlle ó Xallas e regalarlle case en bandexa o título o Sp. Zas.

O final de tempada é apoteosico de futbol e goles, e proba de isto é a eliminatoria de copa, a de maior diferencia global da historia da competición. A Sd derrota en ambos partidos o Louro por identico marcador, 9 a 2¡¡¡, para completar un tanteo global de 18 a 4. E na segunda eliminatoria, un dos partidos historicos da Sd. O Dumbria, campion de 1ª autonómica, elimina sufrindo ó equipo de Baña, nun encontro no Carral ante uns 800 espectadores.

1011Temporada 10/11 – Terceiro e ultimo ano de Baña en Sofán. E probablemente sexa este o ano do mellor equipo da historia do clube. Juan Rabuñal do Arteixo, Luisito do Laracha, Alex do Arteixo, Picas do Ponteceso son as novidades dun equipo que conserva a base do ano anterior. A baixa de Eloy, que se vai para o Dumbria, é ben sustituida por Luisito, que da recital tras recital na pradera do Carral. Pero coa xornada inicial empeza o calvario de lesións na porteria. O gardameta titular Jose Ramon fractura o peroné. Non será o unico porteiro con problemas. O defensa Miniño chega a xogar 5 partidos na porteria, e con sorprendentemente bos resultados.

De novo o derbi co San Lorenzo é un dos partidos do ano. Un golazo de Luisito a falta de 3 minutos para o final decide un partidazo, ante uns 900 espectadores. Isto relanza ó equipo, que gana en Ponteceso e Camariñas, mostrandose como un equipo fortisimo. Unha derrota ante o Club do Mar, equipo revelación, un dia dunha tormenta de auga impresionante, frena as aspiracións ó liderato da Sd. Pero a fichaxe de Alex para a porteria fai que o equipo rinda a un nivel altisimo no treito final de liga, ainda que a distancia cos de cabeza, Ponteceso e Camariñas, e demasiada e non se chega nin a inquietar. O equipo fai un futbol de seda, apalizando a Porteño, Castriz, Ponteceso ou Dumbria B, case dando mais espectaculo, que vendo o pragmatismo do xogo.

Suso Docampo, de volta do Cabana, e Edu, do Laracha, son fichajes para a copa, na que se gana con claridade ó Zas na primeira ronda, para caer nunha épica eliminatoria co XAllas ascendido a Preferente en oitavos. O partido de volta no Carral, é un dos mais recordados en Sofán. Co final da tempada, acabase unha época. Vaise Baña, Luisito, Bertín e Alex, tentados por proxectos maiores.

1112Temporada 11/12 – Firmase a Vicente Garcia como adestrador para este novo curso. E tentase rexuvenecer o equipo coas incorporacións de Eloy Boedo, Ivan Rey, Gurita e Richard. O equipo ten de novo un inicio moi irregular, perdendo moitos puntos na casa. Na septima xornada está en postos de descenso. Catro victorias en cinco partidos sacano desta situacion e colocano en terra de nadie, sitio no que navegará toda a tempada. Alternanse bos partidos con empates inxustos que lastran moito as posibilidades do equipo. Bótanse 11 xornadas sen perder pero é insuficiente para recuperar o terreo perdido. As derrotas no Carral ante os candidatos o título Camariñas e Club do Mar desmoralizan ó equipo, que non baixa os brazos, pois ata o quinto clasificado poderán ascender todos os equipos. Os de Vicente perden folgos e acaban oitavos.

Na copa a historia de sempre. A unha eliminatoria sinxela co Porteño seguelle o rival clasico, o Dumbria. Un empate en Dumbria levounos a un encontro dos que fan aficion no Carral. 3-4 foi o resultado, e a Sd, que xogou o segundo tempo con 9 homes e Miniño de porteiro, a punto estivo de levarse o gato a auga. Unha vez mais, tanto nadar para afogar na orilla.

1213Temporada 12/13 – Volvese a cambiar de mister. Esta vez o elixido é Pablo Mallon, que ven de ascender ó Cabana. Bugy, Michel, Lista, Santi, Cantudo, Ivan Rojo e Marcos Pensado son as novidades na plantilla. O equipo, esta vez si, arranca de maravilla. Cinco victorias seguidas, e 10 semanas no liderato, do que é desbancado pola Esteirana, que non o deixará ata final de liga. O equipo, dependente da capacidade goleadora de Abel, nota moito a sua baixa a inicio da segunda volta, e un mes de febreiro horrible no desterro das Eiroas, onde en 5 partidos se fan 2 puntos, alonxa ó equipo da loita polo titulo. Ainda asi queda a segunda praza que da dereito á promoción, pero en abril Cee e Baio son os que loitaran por ela. A Sd deixase ir e acaba 5º, nun ano no que tiña equipo para aspirar o cetro costeiro.

A copa repite a historia ciclica. O equipo fai un grandisimo torneo. Elimina na rolda previa o San Lorenzo en Verdillo, con 9 e no ultimo minuto, con un gol de Jacobo que pasará á historia do clube. A Esteirana, campiona da Costa, cae 0-4 a domicilio na seguinte rolda, e o Carnota non é rival en oitavos. Os cuartos son, como non. co Dumbria de Preferente. Empate a 1 no Carral, e épica na volta. A falta de 5 minutos para o final, o resultado é de 2-2, e a Sd está clasificada, pero un gol de Aaron Lopez bota por terra a ilusion dos 200 afeccionados sofanistas presentes nas gradas do Conco de chegar a semifinales. A ilusión rota unha vez mais.

fffd (2)LITO – Os tres xogadores da Silva que formaban no Sofán dos primeiros oitenta, Benigno, Manuel Jesus e Pallas, non dubidaron en recomendar a un veciño deles para o equipo xuvenil … o rapaz xoga de medo… decian. E ali colleron Heriberto e Varela, presidente e adestrador, e subiron a costa da Silva para falar co mozo, que daquela andaría con 14 anos. Cando chegaron, virono a el e ó pai nun herbal á beira da estrada. O rapaz estaba sentado. Non dixo nada.

O dia seguinte apareceu no adestramento, sen roupa para cambiarse nin nada. Sentou na barandilla e estivo un bo anaco vendo adestrar os que ian ser os seus compaleiros. Nun momento do adestramento, o mister Varela saiu do campo e apoiouse a uns metros del. A Lito custoulle, pero dixo as súas primeiras verbas:

– E estes non lle dan mais xeito?

– Logo ti es mellor ca eles? dille Varela

– Son, carallo¡¡¡¡

Así é como o neno Lito empezou a correr polo Carral. Empregabase a fondo en cada adestramento, un portento físico, forte, traballador, con personalidade. Era baixo, pero tamen ia moi ben de cabeza. Rodeado por un gran grupo de compañeiros, conqueriron o campionato de xuvenis, e ascenderon á Liga Galega, un fito no fútbol costeiro. O primeiro equipo xuvenil da costa en liga galega, a S.D. Sofan.¡¡¡

Con dezaoito anos, Lito apareceu nun adestramento do Deportivo. A Rodriguez Vaz falaranlle moi ben del, pero a verdade é que non lle deron moito chance. Un adestramento e para casa. Foi enton cando o Bergantiños pousou seus ollos nel e apostou por un xoven xogador dentro do seu cadro de figuras. Era o momento de maior esplendor da historia do futbol de Carballo. Xogou un ano en segunda B, e tres anos en Terceira disputando todos eles as fases de ascenso. Sempre titular, sempre dono da banda dereita.

Aldana, Juanito, Nando, Bebeto, Mauro Silva, Lito e Ramón o día da súa presentación co Deportivo

Foi entón cando no Restaurante La Brasa de Coruña, Lito tivo a oportunidade da revalida. O seu paso polos campos de adestramento do Depor foran fugaces, non lle deran tempo para progresar. Tivo que pelexar dende o mais baixo, o campo de terra do Carral, pero acabou asinando contrato co Deportivo. Era o primeiro equipo de Galicia. Acababa de manterse en primeira division e polos miolos de Lendoiro pasaba algo grande. Chegaron Aldana, Nando, Juanito, Ramon e dou brasileiros, Bebeto e Mauro Silva. O seu carón o dia da presentación outro da Silva, Lito.

En Baldaio a xente deixa a praia e fai un remuiño diante do televisor para ver o debut de Lito. No segundo tempo apareceu o dos rizos pola banda, mordendo o beizo e superando por velocidade a marcaxe dos xogadores do Celta. Cada carreira é coreada, foi o cumio para o rapaz da Silva. Aquel ano os neno conseguiron mais autografos dos que siñaran, porque os Rekarte, Claudio, Nando ou Mariano eran habituais das partidas de tute no Jaque ou no Fomento.

Lito saiu do Deportivo lastrado polas lesións, e peregrinou polos campos de terceira en Betanzos, Cerceda, Malpica ou Bergantiños de novo. Alí deulle as suas ultimas patadas o balón en Preferente. No campo coruñes de Elviña, ante o Imperator, xa con case 40 anos, Lito sae quedando 5 minutos para o final, e marca o gol da victoria carballesa. Nas gradas a xente pregunta: quen é ese?… é Lito, o do Deportivo.

 

larinoJ. Manuel Varela Rey, O LARINO – O numero 2 clásico do Sofán nas primeira epocas foi para Manolo do Larino. Un xogador racial e carismático que se adaptaba á perfección ó lateral dereito. Baixa estatura pero gran corazón que lle permitían correr durante todo o partido. Ainda se acorda o primeiro derbi que se xogou en Verdillo, nun campo das Pedreiras totalmente embarrado. O mister déralles café con glucosa e se a alguén lle sentou ben a ese foi ó Larino, que nunca correu tanto na sua vida. … ainda xojaba outro… dixo ó rematar o encontro.

A súa accion caracteristica era o despexe en plancha. Ahí Manolo era un mestre. A pesar de ser un xogador defensivo tamén tiña proxeccion en ataque. Eso si, o gol non era o del. Por iso, cando lle marcou un ó Laxe, colleu e marchou do campo entre afirmacións de que ia colgar as botas ese dia.

O seu caracter de gañador nato levoulle a diversas fechorias: nun torneo das festas en Rus o Sofán venceu o equipo local, pero os de Rus enfadaronse e non lles querian dar o trofeo. O Larino, aproveitando un descuido da directiva organizadora, meteuse entre os arboles, e roubou o trofeo. Menuda festa se armou de noite no palco cando apareceron os de Sofán asindo o devandito trofeo.

É o Larino pasto de mil anecdotas, e ademais o xogador mais sancionado do clube sin estar tan siquienra xogando. Era a vantaxe de ter dous xogadores que se chamaban igual, e así Manolo Varela librouse de mais de un partido de castigo gracias o Larino, na mili en Canarias.

 

TORIÑOJosé Luis Gago Zas, O TORIÑO – Era pouco mais ca un rapaz cando o Sofán se fundou. Empuxado polo seu irmán Manuel Gago, achegouse ó Carral para probar co novo equipo. A pesar de estar separados por case unha ducia de anos, os dous formaron o centro do campo do conxunto. Gago, xogador de calidade, e o Toriño, de pundonor, garra, loita. Debutou con 16 anos cos maiores, pero o seu corpo e condicións físicas non desentonaban. Pronto se converteu nun dos futbolistas mais carismáticos do Sofán. Agrutinaba aquelas condicións que sempre gustaron no Carral: suar a camisola dende o primeiro minuto, roubar balóns a moreas e chegar con perigo á area. As suas cualidades eran temidas e respetadas na Costa, porque se Gago II estaba no campo haberia que pelexar moito para superar a presión do Sofán.

É lexendaria a sua forza para os saques de banda ó mais puro estilo inglés. Era capaz de colgar balóns no segundo pao dende calquera parte da banda. Xente alta como Pallas da Silva e Anton beneficiaronse dos seus saques e moitos rexeites provocaron goles decisivos.

O cura Trigo de Dumbria foi o seu maior valedor. Viña ver os partidos do Sofán so para disfrutar da garra do mediocentro, e non parou ata que o levou a probar no Compostela. O tema non pasou diso, dunha simple proba, pero, que carallo¡, no Compostela non probaba calquera.

cordoO CORDOBÉS – De onde lle saiu o nome, supoñemolo todos. O famoso toureiro facia virguerias como o rapaz que xogaba no Sofán, e quedoulle. Entre 8 irmans, na casa de Juanito habia que ser listo para sobrevivir. Nesas orixes dificiles naceu un dos referentes do Sofán. Se como xogador fixo a sua mellor carreira no Paiosaco, foi como adestrador onde aportou a sabiduria para aquelas primeiras epocas de finais dos 70.

Media punta goleador que aterrou no 79 como adestrador, onde tamen demostrou o seu xenio. Lexendaria foi aquela borracheira cun arbitro que pitaba o domingo no Carral. O dia seguinte, o conto estaba apañado, pero o colexiado empezou a pitar e todo en contra do Sofán. O Cordobés non sabía que facer no banquillo, e saiu a berrarlle ó seu compañeiro etilico da noite anterior:

– que ostias fas?

– e logo? os teus non son os de verde?…

O Sofán vestia a sua habitual cor vermella.

 

 

 

 

 

1979/1980 – 2ª Rexional Grupo IV: 5º posto con 24 puntos – Campión: Camariñas con 38 puntos.

1980/1981 – 2ª Rexional Grupo IV: 5º posto con34 puntos – Campión: Malpica con 50 puntos.

1981/1982 – 2ª Rexional Grupo V: 3º posto con 44 puntos – Campion: Laxe con 52 puntos.

1982/1983 – 2ª Rexional Grupo III: 12º posto con 21 puntos – Campión: Baio con 47 puntos.

1999/2000 – 2ª REXIONAL: 6º posto con 39 puntos – Campión: Castriz con 68 puntos. Descenden Coristanco, Milagrosa e Cabana

2000/2001 – 2ª REXIONAL: 10º posto con 35 puntos – Campión: U.C.Cee con 69 puntos. Descenden Xallas, Montelouro e Porteño.

2001/2002 – 2ª REXIONAL: 15 posto con 20 puntos – Campión: Fisterra con 63 puntos. Descenden Mazaricos, Sofán e Outes.

2002/2003 – 3ª REXIONAL: 3ª posto

2003/2004 – 2ª REXIONAL: 8º posto con 41 puntos – Campion: Camariñas con 67 ptos. Ascende o San Lorenzo, e descenden Esteirana e Corcubión.

2005/2006 – 3ª REXIONAL. CAMPION DE LIGA con 65 puntos. Ascenden Sofán, Buño e Montelouro.

2006/2007 – 2ª REXIONAL: 9º posto con 38 puntos – Campion: Sp. Zas con 73 ptos. Descenden Lira e Xallas.

2007/2008 – 2ª REXIONAL: 11º posto con 38 puntos – Campion. U.C. Cee con 73 ptos. Descenden Buño, Nanton e Esteirana.

2008/2009 – 2ª REXIONAL: 9º posto con 42 puntos – Campion: Ponteceso con 70 ptos. Ascende o Ponteceso e descenden o Santa Comba B e o Corcubion.

Os 6 presidentes da historia do clube reunidos no ano 2003
Os 6 presidentes da historia do clube reunidos no ano 2003

miguezLUIS MIGUEZ 1975 – 1979 – Con el iniciouse a transición. Coincidindo case coa Española, o Sofán decide dar o salto da liga Paralela, na que se enfrontaba a equipos como o San Roman ou Cerqueda, cara a liga da Costa. Non foi presidente propiamente dito co equipo federado pero si que participou en varias directivas nos primeiros anos da Sd.

 

pallasJOSE BELLO PALLAS 1979 – 1982 – Primeiro presidente nomeado o 14 de abril do 79. Con el fixeronse os primeiros estatutos e realizaronse as obras de acondicionamento do campo do Carral. Púxose a funcionar o equipo de afeccionados e xuveniles, e algun ano o de infantiles. Pallas coincidiu con Manuel Eirís, Bolón, Manolo do Charro, Cambón, Manolo do Carteiro, Jose Lamas, Luciano Brandón, Heriberto e Leonardo na directiva.

 

heribertoHERIBERTO QUEIJO 1982 – 1986 – O 16 de xuño de 1982 dimite Pallas e Heriberto sae elixido presidente. No seu mandato, que dura 4 anos, o Sofán alcanza a liga Galega de xuvenís. O equipo afeccionado consolidase na 2ª rexional. A directiva de Heriberto era similar á anterior, ainda que se incorporou xente como Ramon Souto, Jesus Cristobal, Manuel Martinez ou Antonio Dubra.

 

fernandoFERNANDO SERRANO 1986 – 1987 – Accede a presidencia case de rebote, nun momento moi dificil para o clube. A xente que o sacara adiante os primeiros anos xa tivo que carretar moito e necesitabase un relevo xeracional. Fernando da o paso. É maio do 86. Esa tempada cunha situacion moi complicada, sacanse adiante ós xuvenis, campións da Costa, e os afeccionados. Pero ó final do exercicio a directiva non pode mais e a sociedade esmorece.

 

ricardoRICARDO SERRANO 1997 – 2002 – Da os primeiros pasos na presidencia da Peña Sofán, e comanda o grupo de directivos que volve a federar o equipo no ano 97. O grupo comandado por Ricardo saca con nota estos primeiros anos. Gañan a liga 98/99 en 3ª Rexional, e manteñen o equipo en 2ª tres tempadas. Na Peña estivo de presidente no periodo 90/97 acompañado de Liso Docampo e Alberto Lamas. Co equipo federado incorporaronse Jesus Docampo, Martin Bello, Juan Puga, Cortiñas e Ismael Cabeza.

 

lisoLISO DOCAMPO 2002 – … – O presidente actual da Sd leva xa 11 anos no cargo. Seguiu dende o principio unha clara liña continuista coa directiva anterior. Baixo o seu mandato o clube logrou un ascenso a 2ª na 02/03 e a liga de 3ª na tempada 04/05, e as ultimas tempadas son as mais brillantes do clube, co equipo roldando continuamente o título da costa, e sendo un dos mais respetados da categoria. Dende o ano 2011 crearonse de novo as categorias inferiores do clube, que conta actualmente con equipos benxamín, alevín e infantil.