Conoce Sofán

Igrexa de Sofán.
Igrexa de Sofán.

Sofán é unha das parroquias mais extensas de Carballo, asi comoa mais poblada da zona rural, con 1825 habitantes. Ten un caracter eminentemente agrícola e gandeiro. A extensión da parroquia é de 23 km cadrados, esparexidos en 55 entidades de poboación. Disto despréndese que a parroquia crece a velocidade de vertixe.

E curioso, sen embargo, que Sofán conserve a riqueza e o encanto propio do rurla onde centos de hectareas de terreo verde, fértil e frondoso, se mesturan cos seus montes, regatos e currunchos naturais, cargados de historia e vivencias, bañados por multiples arbores e elementos cheos de pasado, coma os dous castros que podemos atopar no Periscal e Guntián.

Destaca en Sofán a igrexa parroquial de San Salvador de principios do seculo XVIII. Diante do templo encontrase o cruceiro mais antigo do municipio, de 1660. Na capilla de San Adrian da Piña celebrase unha romeria tradicional de moita sona.