S.D. Sofán 2 vs At. Coruña 0

SD Sofán: Jesús, Juanjo, Antonio (Rubén m.46), Iván Rey, Parafita (Fabián m.55)(Rumbo m.84), Luis (Alexandre m.55), Matías, Canedo (Jonathan m.46), Quintela e Jacobo.

Goles: 1-0 m.66: Fabián ó rematar un centro medido de Matías   2-0 m.75: Juanjo á saída dun córner.


Nun partido intranscendente a SD levouse unha vitoria de prestixio ante un At. Coruña que encaixara 1 tanto nos últimos 6 partidos, e levou 2 no CArral. O primeiro tempo foi de cor visitante, cun Jesus inspiradísimo na porta, facendo grandes intervencións.  Primeiro foi sacandolle unha man a SAntiso nun balón que ía para dentro, e antes do descanso a un disparo lonxano de Charly. Luciuse novamente nun gran disparo de Currás, para levar o marcador igualado ó descanso. A ocasión máis clara local foi unha pared de Pablo e Parafita que o primeiro non resolveu no man a man con Ramón.

No segundo tempo, cos cambios, a SD apretou algo máis. Alexandre plantouse só diante de Ramón. Respostou Moure cun disparo cruzado, e chegou o gol de Fabián. Herbert tivo unha boa pero de novo Jesús estivo soberbio. Juanjo redondeou o seu gran partido cun gol e no treito final Quintela tivo duas claras ocasións para aumentar a conta.