S.D. Sofán 0 vs At. Arteixo 3

S.D. SOFAN: Javi Rumbo, Félix (Rubén 24´), Antonio, Pablo Domínguez, Alexandre, Camilo (Juanjo 62´), Canedo, Eibe (Sera 62´), Luis, Quintela (Matías 57´) e Parafita

AT. ARTEIXO: Alex López, Isi (Sergio 68´), Rebollo, Josito, David Castro (Vinicius 83´), Santi, Geri, Porto (Edu 77´), Nano, Montes (Aarón 71´) e Chechu

GOLES 0-1 6´Chechu   0-2 44´Chechu   0-3 65´Porto

Superioridade do Arteixo, sobre todo no primeiro tempo, no partido que serviu de homenaxe a Félix Garrote e clausura da tempada no que a partidos como local se refiere para a SD. A total falta de intensidade defensiva no primeiro acto propiciou que o Arteixo dominase o xogo con comodidade e Chechu, o capitán visitante, na súa novedosa posición de dianteiro centro anotase dous tantos.

No segundo tempo saiu a Sd con outra cara, acorralou durante 15 minutos ó Arteixo na súa area, tendo claras ocasións, sobre todo un remate de Canedo que sacou Alex López, pero o terceiro gol acabou por sentenciar o encontro e fixo do resto do partido un trámite para dous equipos cos deberes feitos e que simplemente esperan o remate da liga a semana que ven.