COPA DA COSTA: C.D.Baio 2 vs S.D. Sofán 1

Caeu eleminada a Sd en dezaseisavos de final da Copa da Costa no Platas Reinoso, nun gran partido de fútbol que se levou o equipo local remontando o gol inicial de Alexandre no primeiro tempo.

A Sd xogou un bo primeiro acto, controlando as contras dun Baio replegado que buscaba a velocidade de Portillo e MC en ataque. Un primeiro disparo alto de MC foi seguido de duas ocasións de Raúl, un remate de cabeza e un disparo a centro de Parafita que dou no lateral da rede. Cando o primeiro tempo esmorecía un gran disparo de Alexandre que sorprendeu a Dani Varela inaugurou o marcador.

Puido sentenciar a eliminatoria o propio Alexandre nada máis comenzar o segundo tempo, pero o seu man a man con Dani Varela sacouno o gardameta. E nun despiste no lanzamento dunha falta veu o penalti de Rubén que MC transformou no empate. Outro erro defensivo aproveitouno MC para plantarse ante Rumbo e poñer por diante ó equipo local, en apenas 5 minuto de remontada. Iván Rojo tivo a sentencia, pero Rumbo fíxolle un paradón. A Sd volcouse no último cuarto de hora, tivo claras opcións nas botas de Alexandre por dúas veces, e Raúl, pero o marcador non se moveu, nun clásico partido de Copa da Costa que fixo as delicias do público.

C.D. BAIO: Dani Varela, Isaac, Damián, Alex Varela, Iago, Norberto, Peque, Bieito, Alex Figueiras, Portillo e MC. Tamén xogaron Iván Rojo, Moreno e Javi Súarez. Foi expulsado Rubio no banquiño

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Rubén, Antonio, Pablo, Canedo, Fabián, Camilo, Alexandre, Parafita e Raúl. Tamén xogaron Matías, Quintela e Iván Rey,

GOLES: 0-1 44´Alexandre   1-1 61´MC de pti   2-1 65´MC