Boimorto CF 1 vs SD Sofán 3

Cerrou a SD unha gran tempada en Preferente Norte cunha vitoria no campo do Boimorto que lle permite acabar o torneo ligueiro na oitava praza, igualado a puntos co séptimo clasificado, o Dubra. Despois dun magnífico ano a Sd obtén a mellor clasificación e puntuación dos tres anos que leva na categoría de Preferente, na tempada do estreno do novo Carral.

O encontro foi pouco tenso pero ben xogado por ambos equipos. O día soleado e o perfecto estado do céspede permitiu ver boas combinacións e ocasións de gol en ambas porterías. No primeiro tempo o equipo local levou a voz cantante e adiantouse mediado este tempo, pero no segundo acto a Sd apretou, igualou nun penalti cometido a Parafita e coa expulsión do central local Jalecho tivo a opción de levarse o encontro nos últimos intres.

S.D. SOFÁN: Jesús (Javi Rumbo 46´), Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera, Antonio, CAnedo (Eibe 60´), Juanjo, Alexandre, Luis, Matías (Quintela 65´) e Parafita.

GOLES: 1-0 31´Borja   1-1 52´Luis de penalti   1-2 88´Jacobo Eibe   1-3 89´Parafita