S.D. Sofán 4 vs Ordenes S.D. 3

SD SOFAN: Javi Rumbo, Sera ( Iván Rey 68´), Pablo Domínguez (Camilo 62´), Antonio, Rubén, Canedo, Eibe (  Juanjo 62´), Matías (Luis 62´), Alexandre, Quintela e Raúl.

FOTO: DAVID CASTRO

ORDENES SD: Borja, Carlos, Lucas, Bruno (Johnny 32´), Moure, Alvaro Pardo (Dani Blanco 84´), Villa ( Víctor Hervés 57´), David Suárez (Barca 84´), Munín, Roi Peiteado e Chiño

FOTO: DAVID CASTRO

GOLES: 0-1 5´Chiño   1-1 16´Raúl   2-1 38´Quintela   2-2 46´Johnny   2-3 58´Lucas   3-3 79´Quintela de pti   4-3 80´Alexandre

Desmadre atacante no Carral na chuviosa tarde de onte. A Sd remontou por dúas veces as vantaxes do Ordenes e queda a un paso de asegurar a permanencia en Preferente Norte. Pájara inicial sofanista, e Chiño adianta ós visitantes nun remate cruzado ante a saída de Rumbo. Pero pronto empatou a Sd, nun gran remate de cabeza de Raúl. O caudal ofensivo da Sd incrementouse despois da igualada. No 21´ Raúl rematou fora un córner, no 28´ un gran centro de Alexandre non o meten por pouco entre Raúl e Quintela. No 30´ Jacobo Eibe dispara a rentes do pao. No 32´, a máis clara: Quintela na area pequena revólvese e remata ó pao, e o rexeite a porta valeira mandao Raúl ás pinas. Pero tanto foi o cántaro á fonte que tiña que caer o gol, e fixoo nunha tremenda chilena de Quintela.  Ata o descanso tivo dúas boas ocasións para o Ordenes Alvaro Pardo: un remate de cabeza que saíu lamendo o pao, e un disparo dende a frontal que sacou Rumbo en excelente parada.

FOTO: DAVID CASTRO

No inicio do segundo tempo, saíu durmido o equipo local. E aproveitouse o Ordenes, que empatou por medio de Johnny, e se adiantou cun gol do central Lucas á saída dun córner. Tocaba remar, e vaia si se remou. Cando o Carral se volca cara o muro é difícil parar ó equipo local. Borja fixo un paradón a remate de cabeza de Raúl. O propio Raúl rematou unha falta sacada por Luis fora. Un centro de Víctor Herves na outra porta paseouse pola liña. Anuláronse dous tantos por fora de xogo, un a Chiño e outro precioso a Raúl. E no 79, centro de Camilo que da claramente nas mans dun defensa e o penalti anotao Quintela. Sin tempo para respirar, roubo da Sd, Iván Rey conduce entre dous rivais, da un pase espectacular a Alexandre e o extremo, que fixo un partidazo, non falla ante Borja. Delirio no Carral, catennaccio de ahí ó final e tres puntos de ouro para o peto.

FOTO DAVID CASTRO