S.D. Sofán 2 vs Negreira C.F. 1

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Camilo (Nacho Moreno 87´), Rubén (Sera 47´), Antonio, Pablo, Canedo, Eibe (Parafita 73´), Fabián, Alexandre (Matías 50´), Raúl e Quintela.

NEGREIRA C.F. – Jose Dacuña, Juan Diego, Paco, Santaló, Rubén Caamaño, Cea, Miguel, José Caamaño (Angel 68´), Pereira, Richi (Rial 63´) e Vía Rápida (Iglesias 83´)

GOLES: 0-1 4´Balón morto a 30 metros da portería que Pereira mete na escadra de Rumbo   1-1 66´Boa xogada de Camilo por banda centrando para que Raúl empate   2-1 83´Falta cerrada que Paco toca de cabeza marcando en propia porta.

Sufríu a SD pero prácticamente deixou atada a permanencia, nun encontro no que foi superior ó Negreira, aínda que os visitantes tiveron un par de boas opcións de gol. De inicio, como ven sendo tradición, gol visitante antes do minuto 10. Pereira colleu un balón de maravilla para batir a Rumbo por enriba. A Sd fíxose co dominio do balón, sen crear excesivo perigo. Raúl rematou fora tras un rexeite de Jose, e respondiu Vía Rápida nun man a man con Rumbo que o meta local sacou en gran parada. Unha falta de EIbe sacouna Jose e Rumbo fixo o mesmo cunha de Vía. A ocasión máis clara foi para Raúl no 43´, pero o centro de Alexandre non o rematou Raúl a gol de milagro.

No segundo tempo seguiu atacando a Sd, buscando a igualada. E logrouna nunha boa xogada por banda de Camilo que remachou o 9 sofanista Raúl. O Negreira acusou o paso dos minutos e a SD non deixou de percutir, tendo un par de bos disparos de Eibe , e un remate de Quintela que sacou Jose como mellores opcións. Nunha falta a pouco do final chegou o froito e a vitoria. O Negreira aínda tivo unha última opción nunha falta lanzada por Pereira fora pero o resultado non se moveu.