C.D. Foz 4 vs S.D. Sofán 2

CD FOZ: Bruzos, Rivera, Bouso (Pablo 76´), Javi Chinchón, Jesús, Cristian, David Rodríguez (Xenxo 67´), Chao (Antón 85´), Jacob, Ibán Gayol, Asier (Luis 81´)

SD SOFAN: Jesús, Iván Rey, Juanjo, Rubén, Félix, Camilo (Javi 76´), Eibe, Fabián, Matías (Parafita 60´), Quintela (NAcho Moreno 67´) e Raúl

GOLES: 1-0 7´Chao   1-1 12´Raúl   2-1 32´Asier   3-1 58´Asier   4-1 64´Felix en pp   4-2 88´Parafita

Caeu unha SD en cuadro no campo do Foz, nun partido condicionado por dúas decisións arbitrais, o gol en fora de xogo de Asier que significaba o 2-1 e a posterior expulsión por vermella directa de Juanjo no 35´, unha inexplicable decisión do colexiado nunha carga legal do central da Sd. Non entrou ben no partido a Sd e pronto encaixou, pero un claro penalti a Camilo serviulle a Raúl para empatar. O gol de Asier e a posterior expulsión de Juanjo fixeron moi difícil a situación dos de Cancela, que no segundo tempo buscaron o empate pero o Foz pronto sentenciou o encontro. Ata o final, a nota positiva foi a volta de Parafita que ademáis anotou o seu primeiro tanto en Preferente, noutro claro penalti na area local.