San Tirso S.D. 1 vs S.D. Sofán 1

SAN TIRSO SD: David Lameiro, Oscar, Días, César Freire, Roberto Prieto, Asty, Pape, Alvaro Rey (Fran 80´), Segade (David 87´), Xián  (Nacho 85´) e Dani Xelo

SD SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey (Camilo 56´), Pablo, Sera (Alexandre 56´), Antonio, Félix (Rubén 69´), Juanjo, Fabián, Matías (Luís 72´), Quintela e Raúl

GOLES: 1-0 85´Dani Xelo revólvese na area e cruza un forte disparo ante o que nada pode facer Rumbo      1-1 94´Raúl peina un balón que lle cae a Quintela, e este só ante o porteiro cruza ó fondo das mallas.

Sobre a bocina salvou un punto a Sd, nun encontro moi trabado no pequeno campo do Monte, onde se impuxo o fútbol directo e no segundo tempo as urxencias do San Tirso. No inicio de partido, a igualdade foi a nota predominante, coas defensas impoñéndose ás dianteiras. Un erro de Félix permitiu a Xelo disparar alto no 10´.  No 16´o mesmo dianteiro rematou un centro de Álvaro Rey, e Rumbo tivo que sacar unha man salvadora. Estirouse a SD, e un centro de Raúl no 21´ non o rematou Quintela por pouco. Un chisco máis tarde unha boa combinación de Quintela e Matías acabou cun gran disparo deste que detivo David Lameiro.

No segundo tempo acosou máis o San Tirso, pola necesidade dos puntos en xogo. Xián disparou forte pero detivo Rumbo. O mesmo xogador case aproveita un erro de Pablo para deixar só a Dani Xelo. César tivo a máis clara cun remate no punto de penalti que se foi alto, antes do gol de Dani Xelo. O San Tirso dou por definitivo este tanto, pois a SD xogaba cun home menos pola expulsión de Fabián no 72´. Pero con 10 volcouse o equipo de Cancela. Camilo tivo dous bos remates a gol que saíron fora por pouco, e no último intento Quintela estivo acertado a resolver na area e igualar o choque.