S.D.Sofán 3 vs Viveiro C.F. 4

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera (Rubén 46´), Pablo, Félix, Antonio, Canedo, Jonathan (Luis 46´), Matías (Juanjo 58´), Alexandre, Raúl e Quintela (Camilo 65´)

VIVEIRO C.F.: Kiko, Agustín, Pablo (Iván Rodríguez 65´), Uriol, Yoel (Julio Camba 51´), Poceiro, Rolle (Arturo 73´), Xaime, Meitín, Tichu e Marino (Nathan 82´).

GOLES: 0-1 6´Meitín   0-2 11´Poceiro   0-3 14´Meitín   0-4 19´Tichu   1-4 26´Quintela de pti   2-4 39´Yoel en pp   3-4 86´Raúl

Locura no Carral. Nuns 20 minutos de total acerto o Viveiro martilleou unha e outra vez a porta de Javi Rumbo de inicio, pero a Sd sacou de orgullo, creou infinidade de ocasións, ata fallou un penalti e estivo a piques de levantar o partido. No primeiro cuarto de hora, ocasións claras da Sd e goles do Viveiro. Quintela mandou fora so diante de Kiko no 4´, e no posterior córner adiantouse o Viveiro. De novo ocasión clara de Quintela no 10´, e gol do Vivero noutro córner. No 13´ Félix so remata alto un córner, e na contra, gol do Viveiro, que pouco despois mete o cuarto. A xente frotaba os ollos, non era de crer.

Pero ahí empeza a remontada. Penalti no 24, pero Kiko faille unha gran parada a Raúl. Novo penalti dous minutos despois e esta vez Quintela marca. Nunha  falta lateral botada por Pablo o central Yoel peinaa e o balón entra na porta visitante. O Carral ruxía de novo. Xaime antes do descanso lanza unha falta e entre Rumbo e o longueiro desbaratan a ocasión. O Viveiro reclama un gol pantasma no 44.

O segundo tempo foi de acoso da Sd e contras do Viveiro. Félix remata fora outro córner no 50´- Unha volea de Pablo sae incriblemente fora no 65´. Marino e Meitín teñen ocasións na contra, e no 86´ Raúl remata un centro de Luis. O Carral volcase e a Sd colga balóns. Antonio ten o empate pero remata fora, e no 90 Camilo ten outra clara ocasión, pero na area pequena quere controlar en vez de rematar e o balón non entra por pouco. Vaia partido o de onte en Sofán.