S.D.Sofán 2 vs C.D. As Pontes 2

SD SOFAN – Javi Rumbo, Iván Rey (Juanjo 65´), Pablo, Félix (Rubén 72´), Antonio, Canedo, Fabián, Matías (Quintela 65´), Camilo (Sera 72´), Alexandre e Raúl.

CD AS PONTES – Paco, Pablo Ramos (Bossa 70´), Alex Cabarcos, Alex Sánchez, Rivas, Adrián Martínez, Toni, Dani, Rubén Pardo (Fidi 67´), Carlos e Quique (Martín Traba 87´).

GOLES: 1-0 32´Raúl   1-1 44 Alex Sánchez   1-2 46´Carlos   2-2 88´Sera

Vaia partidazo onte no Carral. A Sd xogou de ti a ti co futuro campión, e puido levarse a vitoria, aínda que logrou un empate con sabor a gloria nos últimos intres do encontro. O equipo de Cancela estivo moi ben defensivamente, concedendo moi pouco ó de Marco Roca, e lanzando perigosas contras. Apenas houbo ocasións na primeira media hora, e unha boa xogada de Alexandre por banda esquerda rematouna a gol Raúl na area pequena para facer o primeiro. Buscou o empate As POntes e atopouno xusto antes do descanso nun córner rematado por Alex Sánchez no segundo pao que toca en Canedo e entra a gol.

Xusto á saída dos vestiarios Carlos, e posible fora de xogo, aproveitou un pase en profundidade de Quique para facer o segundo. A Sd a partir deste gol dominou o encontro, volcou o campo hacia a portería de Paco, aínda que o líder se defendeu ben. A ocasión mais clara tivoa Raúl nun man a man no 82´que desbaratou Paco coa súa saída. E cando o partido remataba, en pleno acoso local, un centro lateral foi rematado por Sera de cabeza ó fondo das mallas establecendo unha xusta igualada.