C.S.D. Arzúa 1 vs S.D. Sofán 1

CSD ARZÚA: Tasende, Juanjo (Miguel 68´), Puri, Prieto (Parrado 88´), Diego Enjamio, García (Rúa 83´), David Enjamio, Brais Pedreira, Iker Hurtado, Manu (Alvaro 68´) e Adrián Iglesias

SD SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo, Antonio, Félix, Canedo, Fabián, Matías (Juanjo 72´), Alexandre (Rubén 78´), Raúl e Camilo (Rial 89´)

GOLES: 0-1 58´Iván Rey   1-1 74´Brais Pedreira

Gran partido da Sd en Arzúa a pesar das baixas, no que trouxo un punto que ben puideron ser tres. De inicio saíu mellor o cadro local, que tivo as súas ocasións máis claras no primeiro cuarto de hora, nun lanzamento de Enjamio ó pao, e noutro remate do pichichi Iker Hurtado que tamén dou na madeira. Empezou a imporse a Sd, con Fabián de motor no medio do campo e Alexandre entrando ben por banda. Unha boa xogada do extremo rematouna Camilo na area pequena alto. Raúl de cabeza levou inquedanza ó graderío, e Matías de lanzamento de falta fixo dudar a Tasende, nas máis claras opcións dos visitantes.

No inicio do segundo tempo segue a mesma tónica ata que unha xogaba de Alexandre, que centra moi ben remataa de maneira inapelable Iván Rey ó fondo das mallas. Cos cambios buscou a Sd pechar os camiños da súa porta, pero tivo que ser noutro golazo, cun gran disparo de media distancia de Brais Pedreira, co que igualou o Arzúa. Ata o final, moita emoción e un ritmo alto de ambos equipos que xogaron un bo partido en Arzúa.