S.D. Sofán 3 vs Puebla C.F. 2

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Rubén, Antonio (Iván Rey 58´), Pablo Domínguez, Jonathan (Quintela 75´), Canedo, Camilo (Luis 69´), Alexandre (Matías 81´), Fabián e Raúl

PUEBLA C.F.: Berto, Xabi, Rafa (Piñeiro 81´), Manu, Iago, Alvaro Calo, Alessandro, Nacho, Benogo, Pape (Diego 90´), Espi.

GOLES: 0-1 34´Benogo   1-1 44´`Raúl   2-1 64´Canedo  2-2 70´Pape   3-2 91´Canedo

Vaia partido no Carral, cheo de emoción, alternancia e ocasións en ambas porterías. Xogou ben o Puebla no primeiro tempo, pero pagou caro a expulsión de Manu na xogada do penalti ó borde do descanso. Espi e Pape fixeron moito perigo no inicio, e tivo Espi unha boa ocasión nun disparo lonxano que saíu a rentes do longueiro. Foi anulado un gol a Antonio na outra porta. Adiantouse o equipo visitante á saída dun córner, e puido aumentar a vantaxe nun disparo de Espi ó pao. Xusto antes do descanso un remate de Raúl desvíao coas mans o lateral Manu e o colexiado sinala penalti e expulsa ó defensa. Raúl manda o penalti ó pao pero aproveita o rexeite para igualar.

Na saída dos vestiarios a Sd dominou, creou ocasións, e adiantouse nun remate de CAnedo a centro de Alexandre. Cando parecía que o partido estaba controlado un erro defensivo costou o gol de Pape, e o mesmo xogador fixo intervir a Rumbo nun par de ocasións máis. O último cuarto de hora foi de acoso da Sd, que encerrou ó Puebla na súa area. As ocasións sucedéronse, pero foi Canedo co tempo cumplido quen rematou un centro de Pablo ó fondo das mallas ante o delirio da parroquia local.