S.D. Sofán 1 vs S.D. Sarriana 1

SD SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey (Alexandre 46´), Pablo, Sera (Juanjo 46´), Rubén, Canedo, Jonathan, Fabián, Luís (Matías 81´), Camilo (Quintela 46´) e Raúl.

SD SARRIANA: Javi López, Edgar, Luisma, Isaías, Joao, David, Mauro (Quiroga 68´), Núñez, Rubén Díaz (Alvaro 55´), Omar, Diego Arias (Almeida 87´)

GOLES: 0-1 35´Diego Arias  de inapelable libre directo    1-1 68´Rubén á saída dun córner

RUBÉN estivo goleador e asegurou que un dos puntos se quedara na casa.

Vaia batalla no Carral, con un tempo para cada equipo e un xusto empate final. A Sarriana mostrou o por que da súa clasificación e nos primeiros 45 minutos foi superior á Sd, cun ritmo de xogo altísimo e as ideas moi claras. Diego Arias intentouno cun disparo lonano os 9´que sacou Rumbo. O gardameta local sacou outra man a disparo de Omar, pero non puido facer nada na falta do gol. Ata o descanso puido sentenciar a SArriana, con 2 claras ocasións de Rubén Díaz en sendas contras.

Pero deixaron viva á SD e o segundo tempo foi outra cousa. Iván Cancela fixo tres trocos, e o panorama variou. As ocasións foron locais, e o meta Javi López salvou un punto para os seus. No 49´ saca un remate a boca de xerro de Juanjo. No 63 mete unha man incrible nun disparo de Jonathan. MArcou Rubén no 68 nun córner. No 80 un disparo de Alexandre bate nun defensa e o porteiro fai outra gran parada. A Sarriana tivo as súas opcións en 2 contras finais pero RUmbo estivo moi acertado. Xusto empate nun partido frenético.

Boa entrada no Carral a pesar do día de auga.