S.D. Dubra 2 vs S.D. Sofán 1

S.D. DUBRA – Brais Midón, Leites, Anxo, Brais, Pablo Baleato (Munín 57´), Darío (Adrián Abelenda 57´), Mariño, Iván Facal, Diego Gesto, Ferreiro (Dani Moto 74´) e Gonzalo (Xabi 80´).

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Sera, Rubén, Pablo Domínguez, Camilo (Iván Rey 61´), Canedo, Eibe (Jonathan 61´), Alexandre, Luis (Juanjo 80´), Fabián e Raúl (Quintela 75´).

GOLES: 1-0 57´Facal   2-0 70´Facal   2-1 88´Quintela de penalti

Dous zapatazos de Iván Facal no segundo tempo derrotaron á Sd na súa visita a Dubra. O primeiro tempo foi igualado, cunha Sd ben plantada a pesar das baixas en defensa. Ferreiro estivo moi móvil na dianteira local e foi o home máis perigoso. Pero a mellor ocasión do primeiro tempo tivoa Camilo, nun balón que lle cede Raúl, e o extremo dispara duas veces, sacando Brais Midón de milagro. Un bo disparo de Alexandre despois dunha contra foi a outra opción da Sd neste tempo.

Na reanudación rompeuse máis o partido. Brais Midón sacou un centro perigoso de Alexandre, e Rumbo detivo un remate de Gonzalo. Unha boa contra de Fabián acabou cun remate cruzado do medio, e noutra contra do Dubra Facal agarrou un tremendo disparo que entrou despois de bater no pao. Só Jonathan, cun disparo lonxano que sacou Brais Midón creou perigo na meta do Dubra. O segundo tanto, noutro disparo lonxano, sentenciou o encontro, e Quintela de penalti so fixo maquillar o resultado final.