Agr. Estudiantil 0 vs S.D. Sofán 4

AGR. ESTUDIANTIL: Alex, Isma, Denis (Maceiras 69´), Kante, Anxo, Meijo, Soto, Abel, Adrián, Mariño e Pereiras

S.D. SOFAN: Jesús, Iván Rey, Pablo (Félix 52´), Rubén (Sera 52´), Juanjo, Canedo, Jonathan (Parafita 52´) (Javi Rumbo 72´), Camilo (Fabián 64´), Alexandre, Luis e Quintela.

GOLES: 0-1 25´Quintela   0-2 41´ Iván Rey    0-3 82´Canedo   0-4 89´Alexandre

Sacou tres bos puntos a Sd ante o colista a domicilio, nun partido que non foi tan fácil como aparenta o marcador. A Sd tivo ocasións suficientes para marcar máis goles, pero os de Loimil tamén tiveron as súas, aínda que Jesús Jurado estivo moi acertado baixo paos e non permitiu que os locais se metesen no partido. Quintela cerca da media hora anotou o primeiro tanto e Iván Rey nunha boa xogada individual fixo o segundo antes do descanso. Iván Cancela fixo os cambios, dos que cabe resaltar a volta de Parafita e Félix ó equipo. Parafita tivo mala sorte, e nun fortísimo encontronazo con Kante lesionouse, aínda que se maior importancia, e tivo que saír, entrando no seu sitio o meta suplente Javi Rumbo, que dou fe das súas boas dotes co balón nos pes. Contra o final do encontro Canedo e Alexandre aumentaron o marcador, nunha plácida tarde para a SD.