S.D. Sofán 2 vs Ribadeo C.F. 3

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Matías 61´), Pablo, Rubén (Nacho Moreno 81´), Antonio, Sera, Canedo, Jonathan (Eibe 61´), Fabián (Juanjo 73´), Quintela e Raúl

RIBADEO C.F.: Javi, Dani Prieto (Fernando 83´), Juanma (Isma 75´), Mario, Pablo Rivas, Roi, Brais, Poratti, Vizoso (Chriss 63´), Aitor (Luky 57´) e Javichu

GOLES: 0-1 6´Brais   1-1 18´Quintela   1-2 24´Poratti   1-3 56´Juanma   2-3 86´Quintela

A Sd xogou un gran partido na tarde de hoxe, pero sucumbiu ante o acerto ofensivo do Ribadeo, un equipo con moita calidade nas súas filas pero que hoxe non mereceu tal premio. De inicio, duas coladas de Pablo Domínguez, moi acertado no primeiro tempo, non remataron en gol de milagro. E no 6´, mazazo: un gran gol de Brais dende o centro do campo abría o marcador. Seguíu insistindo a Sd, e obtivo xusto premio noutra internada de Pablo que esta vez sí foi rematada por Quintela ó fondo das mallas. Tivo Raúl o 2-1 pero o seu remate a bocajarro sacouno Javi de maneira incrible. E dunha porta a outra, pero esta vez Poratti non fallou. Con este resultado foise ó descanso.

No segundo tempo máis do mesmo, ocasións da Sd e goles do Ribadeo. Javi sacou unha man incrible a un gran disparo de Canedo e nun córner chegou o terceiro. A Sd intentouno, tivo ocasións, e a pouco do final Quintela acortou distancias. Novamente a falta de acerto privou do empate nos últimos intres, nunha ocasión na que Canedo só no punto de penalti rematou alto.