Noia C.F. 0 vs S.D.Sofán 0

NOIA CF: Pajarillo, Peque, Dani Conde (Piñeiro 87´), Angelo (Hugo 59´), Tachi, Jon (Bendaña 82´), Rivas, Jacobo Tato, Nando, Quintairos e Stefan

SD SOFAN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Rubén, Antonio, Canedo, Jonathan, Fabián (Juanjo 87´), Alexandre (Luis 65´), Raúl (Eibe 78´) e Camilo (Iván Rey 72´)

Igualou a Sd nun dos campos máis difíciles da categoría, nun partido ben traballado e no que tivo opcións de levarse os tres puntos, sobre todo se o colexiado non anulara un tanto legal a Raúl por inexistente fora de xogo. De inicio o Noia puido adiantarse nunha doble ocasión de Angelo e Tachi a balón parado, pero Rumbo estivo moi acertado. A Sd comenzou a crear ocasións á contra: primeiro Camilo disparou e sacou Pajarillo. Despois Antonio de cabeza rematou a rentes do pao. Mediado o primeiro tempo sucédense as ocasións: Angelo volve a rematar ó longueiro, Quintairos cruza demasiado unha contra, e Camilo remata fora a pase de Fabián. Había fútbol trepidante e ocasións en ambas porterías. Antes do descanso a xogada polémica, pois Raúl remata ó fondo das redes un pase de Alexandre e o colexiado sinala un fora de xogo inexistente.

O Noia apretou ben no segundo tempo. Rumbo estivo excepcional. Sacou un remate de Quintairos á reviravolta de maneira incrible, e unha falta de Jacobo co tempo cumplido. Antes Nando tivera unha boa ocasión nunha xogada individual. A Sd, cansada do esforzo feito, non foi quen de inquedar demasiado a porta local  e optou por defender o punto con uñas e dentes.