CD Castro 1 vs SD Sofán 4

CD CASTRO: Josema, Cadenas, Dani López, Bustos, Dumi, Alberto Rey, Javi Fraga, Brais (Miguel 24´), David, Sergio e Aarón (Raúl 77´)

SD SOFÁN: Jesús, Iván Rey, Pablo, Sera, Antonio, Canedo, Eibe (Rubén 71´), Fabián (Quintela 77´), Camilo (Nacho Moreno 84´), Matías (Jonathan 71´) e Raúl

GOLES: 0-1 6´Sera remata co peito un balón parado e introdúceo mansamente na meta local 1-1 16´Centro que recibe Javi Fraga só no punto de penalti e transforma de forte disparo 1-2 29´Fabián recibe en carreira, intérnase na area e lanza un disparo coa esquerda que entra tras rebotar en un defensa 1-3 74´Raúl anota na línea de gol un centro lateral 1-4 89´Quintela de gran remate de cabeza a centro de Nacho Moreno

Non era un partido fácil este para a Sd, despois dun longo parón que desactivou a máis de un, e ante un rival prácticamente descendido que case que non se xogaba nada. Había que vencer e fíxose con solvencia. Pronto se puxeron de cara as cousas para os de Cancela, pois á saída dun córner Sera adiantou ós hoxe verdes. Pero a relaxación apoderouse da Sd, e nunha boa xogada igualou o Castro, na primeira vez que lle tiraban a Jesús. A Sd apretou e pronto atopou o segundo por medio de Fabian, despois de que Camilo, moi incisivo, fallase varias opcións de gol. Antes do descanso un gran disparo de Matías sacouno o porteiro en extraordinaria parada.

No segundo tempo o Castro buscou a igualada, pero a defensa da Sd estivo moi sobria. E co paso dos minutos as ocasións foron visitantes ata que Raúl sentenciou o encontro. Tivo Fabián unha clarísima nun man a man co porteiro, pero foi Quintela o que anotou ó pouco de saír ó campo.