S.D. Sofán 4 vs S.D. Agolada 0

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Iván Rey (Juanjo 60´), Sera, Rubén, Antonio, Pablo Domínguez (Luis 72´), Jonathan (Canedo 65´), Eibe, Fabián, Alexandre e Raúl (Matías 71´)

SD AGOLADA – Rafa, Jacobo, Miguel, Marcos (Alexandre 80´), Canutas, Alex Sánchez (Brais 70´), Santi, Joel, Bieito, Pereiro e Aitor Hurtado

GOLES: 1-0 7´Raúl   2-0 15´Pablo Domínguez   3-0 65´Fabián   4-0 88´Matías

Cómoda vitoria da Sd no Carral onde se está a mostrar intratable. Pronto encarrilou o encontro o conxunto de Cancela. Despois dunha clarísima ocasión de Fabián que sacou o meta visitante, nun córner chegou o gol de Raúl. Pouco despois unha contra levada por Alexandre, con disparo de Eibe que rexeitou Rafa aproveitouna Pablo para poñer o segundo tanto. Puido aumentar a conta a Sd en sendos disparos de Pablo e de Fabián os paos. Tras un primeiro tempo de dominio da Sd o resultado era 2-0.

No segundo tempo o Agolada tivo máis o balón pero a Sd defendeuse con solvencia e apenas pasou apuros. O gol tonto da tempada chegou ós 65 minutos. Rumbo manda un balón longo, impulsado polo aire bótalle ó meta visitante, este lograo despexar pero quédalle a Fabián para que marque sen oposición. Matías redondeou a goleada cando o encontro esmorecía.