S.D. Sofán 4 vs Boimorto C.F. 1

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Sera, Rubén ( Juanjo 70´), Antonio, Camilo (Quintela 68´), Canedo, Eibe (Jonathan 75´), Fabián, Luis (Matías 65´) e Raúl

BOIMORTO C.F.: Manu Cortés, Luisito, Luisma, Oli (Jalecho 80´), Joseba, Monterroso, Sergio (Gonzalo 62´), Neto, Maikel (Adrián 82´), Figu, Sergiño (Andrés Pardo 73´)

GOLES: 1-0 10´Raúl   2-0 26´Fabián   2-1 50´Oli   3-1 75´Quintela   4-1 88´Matías

Novos tres puntos da Sd no Carral, onde se está a mostrar imparable. O Boimorto foi un rival correoso, pero a eficacia cara a gol dos de Cancela e a seriedade defensiva non dou opción ós visitantes. De inicio, novo gol de Raúl, en racha cara á portería rival. Falta botada por Eibe, remate de cabeza do dianteiro que rexeita Manu Cortés, e á segunda o 9 sofanista non falla. O Boimorto, buscando continuamente a Neto, tentou estirarse, pero a Sd puxo o candado á súa portería. E nun erro do gardameta visitante aproveitouse Fabián para anotar o segundo tanto. Rumbo sacou acto seguido unha gran man a disparo de Figu e Neto disparou dende lonxe por fora antes do descanso.

A pouco de empezar o segundo tempo recortou distancias o Boimorto cun gol do central Oli a balón parado. Pero a Sd recompúxose, defendeuse ben das acometidas rivais, e Quintela anotou o terceiro tras aproveitar o rexeite dun disparo de Raúl. A partir de ahí o Boimorto baixou os brazos e a Sd puido golear. Matías marrou un man a man antes de anotar o cuarto a pase de Fabián.