S.D. Sofán 0 vs Xallas C.F. 0

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Camilo (Juanjo 85´), Sera, Rubén, Antonio, Pablo Domínguez (Iván Rey 37´), Canedo, Jacobo Eibe (Jonathan 78´), Fabián, Luis (Matías 60´) e Raúl

XALLAS C.F.: Julián Couto, Rubén (Baba 77´), Cristian, Alex Canedo, Jacobo Lois, Iago Garrido, Julián López, Marcos, Doro, Iván González e Alex Blanco (Oliver 65´)

Clásico derbi entre Xallas e Sofán no Carral, moi igualado e cheo de incertidume polo resultado. Gran entrada no Carral, con moitos nenos do fútbol base que non se quixeron perder o partido. Iniciouse o partido de maneira trepidante, no 1´ unha internada de Pablo Domínguez, con pase da morte do mesmo, rematouna Canedo no punto de penalti pero un defensa sacou cando se cantaba o gol. Impúxose o respeto e a loita no centro do campo. A primeira ocasión do Xallas no 24´, disparo lonxano de Iago Garrido. Marcos, moi veloz todo o partido, internouse no 30´con moito perigo por banda, pero Antonio, imperial, sacou o perigoso centro. Os 3 centrais do Sofán foron do melloriño do encontro.  Toleou un pouco o partido antes do descanso e sucédense as ocasións: Luis centra e Fabián remata de cabeza fora, Iván González e Julián remataron dende fora da area alto, e Camilo disparou forte respondendo Julián Couto cunha gran parada. Igualada ó descanso.

No inicio, no 51´, gol anulado a Doro por fora de xogo. E no 60´, a mellor xogada do partido. Raúl caza unha tremenda chilena no punto de penalti e Julián Couto resposta cun paradón evitando o que sería un gol de antoloxía. Pouco despois un centro de Camilo rematouno Canedo fora. Estaba ben a Sd, buscando o gol, pero nun despiste defensivo puido anotar o Xallas, e ahí apareceu Rumbo para parar o man a man con Marcos. Nos últimos intres, emoción a raudales. Rubén tivo un remate claro no punto de penalti que enviou fora. Anulouse outro gol a Doro por clara man, e na última xogada un centro de Jonathan rematao Fabián na area pequena pero a defensa do Xallas evita o tanto. Final e xusta igualada.