At. Coruña 2 vs S.D. Sofán 3

MONTAÑEROS: Lestón; Raúl Añón (Hugo Fil, min.45), Pablo Vigo, Charly (Juan, min.66), Hugo Criado, Moure (Álvaro, min.45), Tosca, Fernando Varela (Manu Santiso, min.45), Javi Suso, Herbert, Kevin.

S.D. SOFÁN: Rumbo; Iván Rey (Rubén, min.63), Antonio, Sera, Pablo Domínguez, Canedo, Jacobo Eibe (Jonathan, min. 70), Fabián, Camilo (Matías, min. 70), Alexandre (Luis, min. 41), Raúl.

GOLES: 0-1, min.3: Raúl. 0-2, min.30: Antonio. 0-3, min.32: Alexandre. 1-3, min.45: Tosca. 2-3, min.59: Charly.

Merecida vitoria da Sd na Grela, nun encontro no que rompeu a mala xeira nos partidos a domicilio cun gran primeiro tempo onde superou ó equipo local con claridade, para despois defender a renda nun serio segundo acto. Adiantouse a SD na primeira xogada, Fabián mete un balón en profundidade a Alexandre, que falla o man a man ante Lestón, pero recolle o rexeite e centra para que Raúl sí anote o tanto. A presión alta da Sd maniatóu ós locais, e tivo Fabián outro man a man co meta do Montañeros pero desta vez Lestón sacou ben o balón. Sera á saída dun córner puido facer o segundo pero foi Antonio nunha acción similar o que anotou en plancha. Pouco despois un roubo de balón de Alexandre terminou cun gran disparo deste para facer o terceiro. A Sd estaba a facer un gran partido. A pouco do descanso un gran pase de Herbert con centro de Kevin permitiu a Tosca reducir distancias.

No segundo tempo a Sd controlou o acoso local, e a pesar de que á saída dun córner Charly puxo o medo no corpo ós de Cancela, cos cambios ganouse en consistencia e o traballo solidario de todos permitiu levarse unha gran vitoria de Coruña. A nota negativa, a lesión de Alexandre.