At. Arteixo 3 vs S.D. Sofán 0

AT. ARTEIXO: Jose, David Castro (Javichu 87´), Josito, Sergio, Rebollo (Isi 52´), Santi, Gabi, Sergito (Chechu 81´), Nano, Montes (Porto 62´) e Denis.

S.D. SOFÁN: Rumbo, Sera (Juanjo 78´), Pablo, Rubén (Jonathan 74´), Antonio, Canedo, Eibe, Fabián, Camilo, Luis (Matías 55´) e Raúl (Quintela 61´)

GOLES: 1-0 73´Santi   2-0 75´Denis   3-0 89´Denis

Caeu a SD no Ponte dos Brozos nun partido igualado que se decidiu no último cuarto de hora e non estivo exento de polémica, pois foi anulado un gol a Raúl no primeiro tempo de maneira incomprensible. A alineación de Luis doulle máis fútbol á Sd, e o zurdo disparou no minuto 7, detendo Jose en dous tempos. Ós 12´claro penalti de Canedo a Sergito, que lanza Nano e Rumbo en extraordinaria parada detén o esférico. Tivo Fabián o primeiro nas súas botas, pero o man a man no 15´sacouno Jose co pe cando se cantaba o gol. No 20´, centro lateral que remata Raúl ó fondo das mallas e o colexiado anula o tanto por unha suposta falta do dianteiro, inexistente a todas luces. Ata o descanso moito tacticismo e poucas ocasións.

CAmilo, que estivo moi perigoso pola súa banda, tivo a primeira do segundo tempo nunha boa arrancada e disparo cruzado que sacou Jose. Eibe lanzou unha falta alta. O encontro era moi disputado e percibíase que o que cometera un erro íao  pagar caro. E nun córner Santi, o máis listo da clase, rematou ó fondo das mallas de maneira extraordinaria. Acto seguido un centro de Nano colleo Denis en plancha e fai o segundo . En dous minutos o partido estaba sentenciado. A Sd non tivo reacción, e Denis nun erro de Rumbo fixo o terceiro co tempo cumplido.