S.D. Sofán 5 – Foz C.D. 0

S.D. SOFÁN: Jesús Jurado, Sera, Félix, Antonio, Camilo (Iván Rey 65´), Canedo (Juanjo 71´), Jonathan, Pablo Domínguez, Eibe (Quintela 58´), Fabián e Alexandre (Raúl 69´).

C.D. FOZ: Bruzos, Cayón, Chinchón, Jesús, Cristian (Antón 69´), Canario, Pablo (Jorge 64´), Dani Chao, Gonzalo, Asier (Xenxo 46´) e Alejandro (Sergio 71´)

GOLES: 1-0 51´Pablo Domínguez tras unha boa xogada de Fabián por banda   2-0 58´Fabián aproveita que ó porteiro visitante se lle escapa o balón das mans   3-0 69´Alexandre culmina un contragolpe   4-0 88´Quintela define só diante do porteiro   5-0 90´Quintela de novo diante do gardameta.

Clara vitoria da SD ante un rival que plantou cara ata o primeiro gol pero que despois se veu abaixo. Duas claras ocasións da SD de inicio, un remate de Pablo que saiu lambendo o pao e outro de Alexandre que sacou coa cara o porteiro local. O Foz só tivo opcións a balón parado, e na máis clara Jesús sacou unha boa man para impedir o tanto. Alexandre cun tiro cruzado e Sera de cabeza tiveron ocasións claras antes do descanso.

Na reanudación unha gran xogada de Fabián doulle o gol a Pablo en bandexa. A partir de ahí a a SD foi moi superior. Meteu 5 tantos, estrelou dous balóns nos paos, e tivo ocasións para facer polo menos 2 ou 3 goles máis. O Foz baixou os brazos e non tivo ningún poder de reacción.