S.D. Sofán 2 vs San Tirso S.D. 1

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Sera 74´), Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Canedo (Jonathan 70´), Jacobo Eibe, Alexandre (Matías 80´), Fabián, Camilo e Raúl (Quintela 61´)

SAN TIRSO S.D.: Diego, Guille, Miguel Días (Javi Calvo 50´), César, Nacho, Oscar Varela (Jean Pierre 76´), Álvaro Rey, David, Dani Xelo, Fran e Alex Segade (David Fernández 76´)

GOLES: 1-0 71´Camilo atopa un balón na area, recorta e coa zurda transforma polo pao corto   1-1 84´Córner que saca Javi Calvo e César anticipándose a toda a defensa anota   2-1 88´Saque de banda, rexeita a defensa, o balón cáelle a Jonathan e de volea anota o gol decisivo

Triunfo da Sd ante un rival directo, o San Tirso, que foi un duro oso e que só sucumbiu nos últimos intres cun gran gol de Jonathan. De inicio o San Tirso entrou mellor no partido, cunha SD imprecisa que non atopaba o seu fútbol. Á saída dun córner Miguel Días tivo unha clara ocasión nun remate que sacou Raúl baixo paos. A partir do minuto 20 a Sd recompúxose e sobre todo pola banda de Camilo empezou a atopar ocos onde facer dano. Unha internada de Fabián que rematou Raúl e rexeitou un defensa, e un disparo cruzado de Camilo que sacou Diego foron as máis claras ocasións de gol para os locais.

No segundo tempo a Sd seguiu controlando o encontro. Nun centro desviado polo central César, Diego tivo que facer un paradón, e o rexeite mandouno Raúl fora cando estaba só ante a portería. Respostou o San Tirso nunha colada de Dani Xelo, que dou o pase da morte pero non atopou compañeiro, o balón chegou a Fran que lanzou un gran disparo que bateu no longueiro. E no 71, Camilo, moi activo toda a tarde, atopou un balón solto e anotou o primeiro tanto. A Sd incomprensiblemente meteuse atrás, e o San Tirso, a base de fútbol directo, arrinconou ós de Cancela. Empatou César pero aínda tivo arrestos a Sd para por medio de Jonathan atopar o camiño da vitoria.