Ordenes S.D. 2 vs S.D. Sofán 1

ORDENES SD: Borja, Lucas, Dani Mato, Moure, Martín Gigirey, Alvaro, David Suarez, Víctor Herves, Carlos, Johnny e Roi Peiteado

SD SOFÁN: Javi Rumbro, Sera (Iván Rey 59´), Pablo (Rubén 88´), Antonio, Félix, Canedo, Jonathan (Eibe 59´), Alexandre, Camilo, Fabián (Raúl 66´) e Quintela.

GOLES: 1-0 35´Victor Hervés 1-1 80´Antonio 2-1 87´Jonny

Perdeu nunha contra case que no final do tempo regulamentado a Sd o que ben merecía en Ordes. Só un equipo buscou o gol, e os locais aproveitáronse de dúas contras para levarse os puntos. O Sofán marrou claras ocasións no primeiro acto, Quintela rematou de cabeza e o gardameta sacou unha boa man, e Camilo tirou cruzado e de novo Borja, moi atinado sacou o balón. Un remate de Quintela de volea volveuno a sacar o porteiro. Nunha contra, na única acción de perigo local, adiantouse o Ordes.

No segundo tempo, nada máis empezar,  Alexandre estrelou unha falta no pao, e o rexeite a porta valeira mandouno Camilo fora, e Félix mandou fora un córner cando se cantaba o gol. Unha falta de Eibe meteuna en propia meta un defensa do Ordes. Co empate parecía que os visitantes se ían levar o partido pero nunha xogada aislada, un contragolpe levado por Said e rematado por Johnny o Ordes levouse unha vitoria que non mereceu.