Negreira S.D. 1 vs S.D. Sofán 0

NEGREIRA SD: José, Juan Diego, Iglesias (Samuel 87´), Pereira, Cea, Rubén Caamaño, Miguel, Angel (Paco 83´), Richi´(Alberto 75´), Vía Rápida (Rial 80´) e Jose Caamaño

SD SOFÁN : Javi Rumbo, Sera (Luis 46´), Pablo, Félix, Antonio, Eibe (Quintela 46´), Jonathan, Camilo (Matías 65´), Alexandre, Fabián e Iván Rey (Rubén 74´)

GOL: 1-0 34´Jose Caamaño, de espléndido disparo dende 20 metros

Non trouxo puntos a Sd do Municipal Jesús García Calvo nun encontro moi igualado decidido por un golazo do xuvenil Jose Caamaño, nun gran disparo lonxano. No primeiro tempo levou o peso do encontro o Negreira, cunha Sd que buscaba as contras. Na primeira xogada un centro envenenado de Iván Rey bate no largueiro. Via Rápida, moi activo, tivo unha boa ocasión nun man a man que detivo Rumbo. Jose Caamaño probou cun disparo lonxano que case entra, e ó segundo intento marcou o gol que decidiu o encontro. Unha boa contra non a dou rematado Alexandre antes do descanso.

No segundo tempo cos cambios dominou a Sd, sobre todo coa reaparición de Luis, a nota positiva do encontro, e o zurdo fixo duas ou tres xogadas boas que non atoparon rematador. Quintela disparou dende o borde da area na mellor ocasión visitante. O acoso da Sd só se traduciu en centros laterais que non atoparon rematador. Ó final o máis xusto tería sido un empate, pero a SD ven de vacío.