As Pontes 3 vs S.D. Sofán 1

AS PONTES: Pelayo, Criado (Martín Traba, min 60), Ramos, Rego, Sánchez, Dani, Adrián, Bossa, Erni (Carlos, min 60), Fidi e Toni (Sergio, min 66)

S.D. SOFÁN: Rumbo, Antonio, Félix, Rey (Rubén, min 66), Raúl (Juanjo, min 58), Pablo, Canedo, Jonathan (Matías, min 52), Alexandre (Nacho Moreno, min 82), Eibe e Camilo

Goles: 1-0, min 42: Dani; 1-1, min 46: Eibe; 2-1, min 90: Bossa, de penalti 3-1, min 93: Carlos.

Un clamoroso erro arbitral evitou que a SD fose o primeiro equipo en arrebatarlle puntos ó líder As Pontes. Co tempo cumplido Sergio escapa cara a portería de Rumbo, é trabado por Antonio dous metros fora da area e o colexiado, incomprensiblemente, sinala penalti e expulsa ó central sofanista. O terceiro gol de Carlos é unha mera anécdota, pois pillou a todo o equipo de Cancela buscando o empate nun córner.

A Sd mereceu máis. Xogou un auténtico partidazo, maniatando en todo momento ó conxunto local, que apenas tivo ocasións de gol. As opcións no treito inicial foron da Sd. Un disparo de Alexandre, un remate de cabeza de Rey e un centro de Raúl ó que non chega Camilo. A partir da media hora desperezouse As Pontes. Bossa lanzou unha das súas faltas mortíferas rozando o longueiro, e chegou o gol de Dani nun centro magnífico de Pablo Ramos.

Eibe puxo xustiza no marcador nada máis volver dos vestiarios cun golazo de falta. A Sd estaba cómoda no campo, e incluso tivo algunha opción de adiantarse no marcador, como un disparo de Matías tras gran xogada individual. A saída de Carlos nos locais doulles máis fútbol. O fisterrán Martín Traba disparou desviado e cando o encontro ía irremediablemente hacia o empate, chegou a xogada clave do partido, un erro do colexiado que evitou que a Sd sumase un merecidísimo punto.