Viveiro C.F. 2 vs S.D. Sofán 1

VIVEIRO CF: Kiko, Agus, Pablo (Aitor 65´), Roi, Uriol, Rolle (Jairo 69´), Alex Meitín, Xaime, Arturo (Alex Paz 70´), Tichu e Marino (Jorge 81´)

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Rubén 46´), Pablo, Antonio, Sera, Canedo, Eibe (Jonathan 46´), Fabián, Matías (Quintela 46´), Camilo (Juanjo 76´) e Raúl

GOLES: 1-0 20´Roi á saída dun córner   1-1 63´Canedo resolve un barullo na area   2-1 66´Alex Meitín remata unha falta lateral

Foiselle o partido á SD cando mellor controlado o tiña. Despois dun primeiro tempo onde os locais foron mellores, no que Rumbo estivo moi acertado repelendo disparos de Arturo e Marino pero non puido facer nada no gol do central Roi, e no que a Sd non estivo moi atinada en ataque, o segundo tempo foi dominado polos de Cancela, especialmente despois da expulsión do centrocampista local Xaime no minuto 59. Raúl marrou unha clarísima ocasión no punto de penalti tras boa xogada de Fabián e Canedo, e pouco despois Canedo igualou a contienda. Pero pouco durou a alegría, pois noutro balón parado adiantouse o Viveiro, que de ahí ó final se dedicou a defender como puido as acometidas da Sd, que tivo na cabeza de Canedo o empate pero non foi quen de obtelo.