Sarriana S.D. 2 vs S.D. Sofán 0

SARRIANA S.D.: Ayub, Mecos (Joao 60´), Alvaro (Manu 80´), Edgar, Almeida (Luisma 46´), Núñez, Marzán, Rubén Díaz, Quiroguita, Josito e Mauro (Omar 75´)

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén, Canedo, Eibe (Juanjo 73´), Fabián, Camilo, Alexandre (Jonathan 67´) e Raúl (Quintela 60´)

GOLES: 1-0 65´Quiroguita aproveita un rexeite de Rumbo a disparo de Nuñez  2-0 76´Luisma a saque dunha falta lateral

Foi expulsado Rubén no 88´

Non puido o Sofán traer puntos de Sarria ante un enrachado equipo local, nun encontro no que o máis xusto tivera sido un empate. O primeiro tempo foi aburrido, de tanteo, sen demasiadas ocasións. O colexiado non sinalou un claro penalti a Fabián no minuto 43. O mesmo xogador tivo a mellor ocasión do Sofán na reanudación pero o seu disparo foise alto cando se atopaba só diante do meta local. E nunha contra anotou a Sarriana o primeiro. Non reaccionou o equipo de Cancela e encaixou o segundo nunha falta lateral. Nos últimos instantes os visitantes estrelaron un balón no longueiro nun remate de Juanjo pero pouco puideron facer.