S.D.Sofán 2 vs C.S.D. Arzúa 0

SD SOFAN: Javi Rumbo, Sera (Rubén 80´), Antonio, Félix, Pablo Domínguez, Camilo (Matías 66´), Canedo, Jonathan, Eibe (Quintela 56´), Fabián e Raúl (Juanjo 72´)

CSD ARZÚA: Pablo Vidal, Juanjo, Puri, Diego Enjamio, Miguel, Rúa, Marcos García (Brais Pedreira 52´), David Enjamio (Casal 52´), Iker Hurtado, Adrián Iglesias (Roberto 78´) e Alvaro (Carril 74´)

GOLES: 1-0 24´Gran xogada da Sd, o balón chega a Fabián na banda esquerda, centra raso e Eibe chegando dende atrás marca   2-0 52´Tremendo zurdazo de Eibe dende 30 metros que entra pola escadra.

Partidazo da SD para derrotar a un dos gallitos da categoría, o Arzúa, que se viu totalmente superado na matinal do Carral. De inicio o ritmo que impuxo o cadro de Iván Cancela foi endiablado. Fabián foi un pesadelo para a defensa visitante, e tivo a primeira ocasión no 3´ pero o seu remate saíu fora. Nunha nova contra Fabián centrou e Canedo rematou dende o borde da area rozando o longueiro no 6´, e no 10´foi Camilo o que disparou alto. Non fallou Eibe para anotar o primeiro tanto. Un gran disparo de Jonathan puido significar o segundo pero foi de novo Eibe cun golazo marca da casa o que selou o resultado.

O Arzúa non se acercara apenan no primeiro tempo, pero se cabe na segunda parte a defensa da SD estivo todavía mellor. Sera, Antonio e Félix cortaron todo o que pasaba polo seu lado, e Jonathan crecía co paso dos minutos. Puido anotar o terceiro a SD nun disparo de Quintela e noutro cruzado de Matías. Juanjo aportou moito coa súa saída e tivo un par de boas ocasións, pero o encontro esmoreceu co resultado do primeiro tempo.