S.D.Sofán 1 vs S.D. Dubra 1

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera ( Camilo 55´), Pablo, Félix, Antonio, Canedo, Eibe (Luis 61´), Fabián (Quintela 61´), Iván Rey, Alexandre (Rubén 78´) e Raúl

S.D. DUBRA: Couto, Leites (Baleato 86´), Gesto, Brais, Cholo, Mariño (Tarrío 70´), Iván Facal, Ferreiro, Darío Gontán, Dani Moto (Xabi 77´) e Abelenda (Manu 80´)

GOLES: 0-1 50´Diego Gesto   1-1 86´Luis de penalti

Vaia partido no Carral, marcado pola nefasta actuación arbitral, que nun encontro totalmente limpo e sen apenas xogadas de dureza acabou con 17¡¡¡ cartóns amarelos, e 4 expulsados, Iván Rey no cadro local, e Brais, Cholo e o adestrador Adrián Vázquez nos visitantes.

Despois dun primeiro tempo moi disputado e sen apenas ocasións, soamente un par de chegadas visitantes por medio de Iván Facal e Abelenda, e un bo disparo de Fabián dende o borde da area, adiantouse o Dubra nun erro defensivo nun saque rápido dunha falta, por medio do lateral Diego Gesto. A Sd estivo descentrada, chegou a expulsión incrible de Iván Rey, e despois duns momentos de desconcerto, igualouse a cousa coa expulsión de Brais. Tivo ahí a Sd unha clarísima ocasión para igualar nun remate de Canedo, e pouco despois igualou Luis de penalti cometido sobre RAúl. Tivo a Sd a vitoria no último minuto nun lanzamento de falta de Luis que detivo Couto.