S.D. Sofán 4 vs C.D. Castro 1

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén (Fabián 58´), Canedo, Eibe (Jonathan 79´), Alexandre, Quintela (Iván Rey 72´), Parafita (Matías 82´) e Raúl

FOTO LUIS GONZÁLEZ

C.D. CASTRO: Josema, Adrián (Dani López 73´), Brais, Kevin, Dumi, Dani Montes (David 86´), Javi Fraga, Alberto, Pablo Navia (Hugo Buide 78´), Sergio, Edrosa (Aarón 75´)

FOTO LUIS GONZÁLEZ

GOLES: 0-1 49´Javi Fraga   1-1 60´Sera   2-1 80´Canedo   3-1 84´Canedo   4-1 88´Matías

Levouse a SD un partido máis sufrido do que di o marcador, pois os visitantes se adiantaron, o colexiado expulsou a Raúl de maneira moi rigurosa, pero cando peor pintaba a SD fixo uns 30 minutos finais arrolladores, anotou 4 tantos e puido marcar algún máis.

O Castro xogou moi replegado todo o partido, pero tivo a primeira ocasión nun disparo de Pablo Navia que saíu a rentes do pao. A partir de ahí a Sd dominou claramente o xogo. Parafita tivo a ocasión máis clara, nun remate na area pequena que sacou Josema. Contra a media hora dous remates de Raúl, un a pase de Alexandre e outro nunha gran volea, estiveron a piques de ser gol. Pero chegouse con empate ó descanso.

No segundo tempo sucedeu todo. Un balón á espalda da defensa acabou no gol visitante. E en dúas accións moi extrañas Raúl foi expulsado. A Sd recompuxo liñas, empatou a balón parado e despois foi un ciclón. Un gran centro de Alexandre con remate de Canedo foi o 2-1, e outro xogadón con centro de Fabián anotouna Canedo en plancha. Matías disparou ó pao, antes de anotar o seu gol a pase de Iván Rey.