S.D. Sofán 2 vs Noia C.F. 3

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Sera (Iván Rey 46´), Pablo Domínguez, Antonio, Félix, Canedo, Jacobo Eibe (Rubén 88´), Fabián, Alexandre, Quintela (Camilo 46´) e Raúl (Matías 80´)

FOTO LUIS GONZALEZ

NOIA C.F. – Pajarillo, Rendo, Dani Conde, Angelo, Tachi, Bendaña, Rivas, Jon (Hugo García 87´), Jacobo Tato (Nando 62´), Stefan (Ander 90´) e Quintairos (Rubén 90´)

FOTO LUIS GONZALEZ

GOLES: 0-1 6´Stefan   1-1 61´Alexandre   2-1 64´Raúl   2-2 80´Quintairos   2-3 89´Angelo

Fóronse os puntos do Carral sobre a hora e de maneira inxusta. A Sd xogou un gran partido ante un auténtico equipazo ó que tivo contra as cordas, pero non soubo rematar. Cando perdoas págalo. De inicio un golazo de Stefan, cun tiro de 30 metros, dou vantaxe ó Noia, que puido aumentar cun disparo de Jacobo Tato ó longueiro. A ocasión máis clara dos locais no primeiro tempo foi un pase de Eibe a Quintela que este non soubo definir ante Pajarillo.

O segundo tempo foi de acoso total da Sd dende o inicio. Alexandre anotou a igualada case sen ángulo, e pouco despois Raúl rematou ás mallas un centro no segundo pao. Unha falta de Eibe no borde da area petou na escadra no que puido ser a sentencia, e pouco despois un bo centro de Stefan rematouno Quintairos a gol. Tivo Alexandre o terceiro pero no man a man con Pajarillo non foi quen de superalo, e cando o partido acababa un balón parado rematado sin ángulo por Ángelo daba unha inxusta vitoria ós visitantes.

FOTO LUIS GONZALEZ