Ribadeo C.F. 2 vs S.D. Sofán 1

RIBADEO: Hugo López, Dani Prieto (Samuel 68´), Juanma, Brais, Pablo Rivas, Roi, Javichu (Fernando 58´), Santi (Cube 89´), Luki (Adrián 86´), Aitor (Criss 74´) e Poratti

SD SOFAN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén (Juanjo 73´), Canedo, Eibe, Fabián, Alexandre, Matías e Quintela (Camilo 59´)

GOLES: 1-0 5´Luki   1-1 58´Fabián   2-1 63´Antonio en pp

Incrible derrota a da Sd na mañá de hoxe en Ribadeo. O equipo local apenas inquedou a Rumbo, estivo maniatado polo bo xogo da Sd, que marrou numerosas ocasións de gol e acabouno pagando.

O inicio de encontro pillou despistados ós sofanistas, que encaixaron pronto o tanto de Luki nun balón morto dentro da area. Pero a partir de ahí o campo volcouse cara a outra portería. Un roubo de Canedo no 10´rematouno frouxo Fabián, e o propio Canedo disparou á reviravolta a rentes do pao. Sera ós 14 rematou fora un córner, e o central Antonio tivo que cortar un perigoso centro de Aitor nunha contra local. O ritmo era alto, e Eibe tivo a mellor ocasión do primeiro tempo nun disparo dunha falta escorada que dou no pao.

No inicio do segundo tempo máis do mesmo. Rumbo detivo sen problemas un remate de Poratti, pero era a Sd quen seguía buscando o empate. Un pase de Quintela deixou a Fabián diante de Hugo e o medio anotou o tanto do empate. Pero no colmo da mala fortuna, no seguinte córner Antonio introduciu o balón na propia portería no que sería o gol definitivo. Puido sentenciar Criss nun man a man con Rumbo. Tivo a Sd a igualada nos intres finais, primeiro nun disparo de Quintela e logo nun remate de Canedo sobre o tempo que sacou Hugo cunha man providencial, dando unha inxusta vitoria ós locais.