Puebla C.F. 0 vs S.D. Sofán 1

PUEBLA CF – Alberto, Piñeiro, Treus (Aguado 35´), Iago, Aless (Viturrlo 35´), Picos (Nacho 64´), Benogo, Manoliño, Espi, Pape, e Jorge (Xabi 72´)

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Sera, Pablo Domínguez, Antonio, Félix (Rubén 70´), Canedo, Eibe, Fabián, Iván Rey (Matías 64´), Alexandre (Juanjo 70´) e Raúl (Quintela 57´)

GOLES: 0-1 25´Alexandre de forte disparo dentro da area

Iván Rey fixo unha boa labor de interior dereito, en ataque e en defensa

Trouxo os puntos a SD do difícil campo da Alta merced a un gran primeiro tempo e a unha labor de conxunto no segundo defendendo o marco de Javi Rumbo.

O primeiro acto foi da SD totalmente, e merecía o conxunto de Cancela ter sentenciado o encontro. Fabián no 8´ a pase de Alexandre plantouse diante de Alberto pero disparou fora. O mesmo xogador no 17´ vouveu a ter un man a man que non convertiu. No 22´ entre Fabián e Raúl non transformaron un centro de Iván Rey. Co gol de Alexandre facíase xustiza, pero aínda Raúl marrou un remate a boca de xerro de cabeza, antes de que Pap tivera a mellor ocasión local cun disparo ó pao no 43´.

No segundo tempo replegou liñas a Sd e mostrouse a pouca pericia dos locais sen espacios. Manoliño foi o seu home máis incisivo, pero apenas se crearon ocasións de gol na meta de Rumbo, soamente algún barullo propiciado polos saques de banda de Espi e pouco máis. A Sd na contra puido sentenciar en ocasións de Eibe e Félix pero a pesar do sufrimento o marcador non se moveu e a Sd sumou tres puntos.

Raúl fajouse como nel é habitual, e tivo unha clara ocasión á saída dun córner