Xallas C.F. 0 vs S.D. Sofán 0

XALLAS C.F.- Julián Couto, Rubén, Jacobo (Cristian 85´), Baba, Alex Canedo, Iago Garrido (Oliver 71´), Julián López, Marcos (Doro 57´), Madiop, Alex Castro e Iván González (Carlos 57´)

FOTO LUIS GONZALEZ

S.D. SOFAN – Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo, Rubén, Sera, Canedo, Eibe, Fabián (Luis 59´), Parafita (Matías 72´), Alexandre e Quintela (Raúl 67´)

FOTO LUIS GONZALEZ

Igualada no clásico costeiro da Preferente, nun encontro no que os equipos demostraron coñecerse demasiado, as defensas estiveron firmes, e non houbo goles. A Sd tivo as súas opcións no primeiro tempo e no segundo gardou o punto como bo. No primeiro acto tivo claras ocasións a SD: un disparo de Eibe no 12´ dende 40 metros que lambiu o longueiro da meta de Julián, no 21´ un centro de Alexandre rematouno Quintela de cabeza fora, no 30´a mellor do partido, un remate de Parafita dende o borde da area que entre Julián e o longueiro enviaron a córner, e no 35 ´ Quintela rematou alto unha deixada de Fabián. O Xallas acercouse pouco pola meta de Rumbo: un frouxo disparo de Julián no 35´ e un remate de BAba á saída dun córner no 32´foron as súas opcións. Merecía vantaxe a SD ó descanso pero non se moveu o marcador.

Os balóns parados foron ben defendidos por ambos equipos – FOTO LUIS GONZALEZ

No segundo tempo notouse o baixón físico en ambos equipos, o Xallas apretou máis pero sen opcións demasiado claras de marcar. Unha boa contra da SD no 49´ rematou con disparo de Fabian fora. Baba volveu a rematar un córner alto, o Xallas meteu moito centro lateral pero a defensa da Sd estivo moi firme e contivo o acoso local. Tivo Raúl unha boa opción a centro de Canedo no 85´pero chegou moi forzado. Igualada xusta que a pouco que estivese acertada a Sd no primeiro tempo puido ser vitoria visitante.

Parafita e Alex Canedo foron dos mellores xogadores sobre o campo – FOTO LUIS GONZALEZ