Copa Deputación: Xallas CF 0 vs S.D. Sofán 1

XALLAS C.F. – Julián Couto, Rubén, Madiop, Alex Canedo, Dani Becerra, Baba, Iago Garrido, Julián López, Abel (Kevin 58´), Marcos (Cristian 81´) e Alex Blanco (Doro 58´)

S.D. SOFAN – Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera, Canedo, Jonathan (Juanjo 57´), Eibe, Luis (Nacho Moreno 88´), Matías (Alexandre 57´), Fabián e Quintela (Rubén 78´)

Foto Luis González

GOL: 0-1 68´ Quintela recibe no punto de penalti de espaldas a portería, deixa a Alexandre que empalma un disparo raso coa zurda ante o que nada pode facer Julián

Partido impropio das alturas de tempada ás que estamos, con moito ritmo e emoción, e cunha SD que foi superior en ocasións, sobre todo no segundo tempo, e que incluso fallou un penalti. As primeiras opcións foron para Luis e Baba, en sendos disparos dende fora da area. Ós 10´ a ocasión máis clara do Xallas, nun córner caelle o balón a Alex Blanco e cando se cantaba o gol Canedo logra rexeitar o disparo do dianteiro. Replicou Luis cun gran disparo ó pao da meta de Julián., e pouco despois unha entrada de Madiop a Quintela foi sinalada como penalti, pero Luis mandou o balón ó longueiro e o marcador non se moveu. A Sd seguiu dominando, e outra volea de Luis, e un disparo de Fabián só no punto de penalti foron claras opcións desaproveitadas. Antes do descanso tivo o gol o Xallas nunha peinada de Becerra á que non chega Marcos.

No inicio do segundo tempo a mesma tónica. Un xogadón combinativo da Sd rematou con disparo cruzado de Eibe que sacou Julián en gran intervención. Respostou o Xallas nunha contra de Abel que rematou Alex Blanco fora. Quintela e Fabian estiveron moi activos no ataque e fabricaron unha boa xogada que Fabián rematou fora. Chegou o gol de Alexandre que facía xustiza. Puido aumentar a conta Quintela nun gran centro de Luis, e despois nunha doble ocasión que por auténtica mala sorte non entrou. Julián tivo que deter un remate de Canedo de cabeza antes do arreón final do Xallas, con disparos de falta de Doro  e cruzado de Cristian ós que respostou Rumbo con duas magníficas paradas selando o triunfo visitante, nun gran encontro.

Foto Luis Gonzalez