Copa Deputación: S.D.Sofán 0 vs C.D.Boiro 4

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo, Juanjo (Rubén 46´), Sera, Canedo (Jonathan 65´), Eibe, Luis (Matías 65´), Alexandre, Fabián (Nacho Moreno 77´) e Quintela

FOTO LUIS GONZALEZ

C.D. BOIRO: Rodri, Paco, Pablo Vidal, Cardeñosa (Pablo Perez 74´), Borja Outeiral, Toño Pozas (Carlos 66´), Elier, Oscar la MAgia (Ander Bellido 74´), Anxo, Alex Teira (Fran 54´) e Changui (Brais Nieto 74´)

FOTO LUIS GONZALEZ

GOLES: 0-1 32´Anxo   0-2 36´Changui   0-3 65´Anxo   0-4 73´Changui

Enganoso marcador o que conlevou a eliminación da Sd da copa Deputación en oitavos de final. A primeira media hora foi de claro dominio local que se estrelou ante a súa falta de pericia diante de Rodri. Alexandre plantouse só diante do meta visitante pero este fixo unha gra parada no 4´, e no 9´a mesma situación pero Alexandre enviou fora incriblemente. Un gran centro de Luis rematouno de preciosa volea Quintela a rentes do pao no 23´, e pouco despois o mesmo dianteiro desaproveitou un pase de Fabián que o deixara só diante de Rodri. Pero nun disparo de case 30 metros Anxo inaugurou o marcador e pouco despois un erro de marca permitiu a Changui anotar o segundo.

A volta de vestiarios tentou a Sd recurtar diferencias. no 47´ tremendo barullo na area tras un córner no que se pide penalti a Fabián, e pouco despois un gran remate de Quintela sacouno Rodri na mellor parada do partido. Unha falta escorada de Eibe rozou o longueiro pero despois dun man a man que Changui erra, non fallou Anxo tras roubar un pase atrás de Iván Rey. Ahí o partido rematou, anotou o cuarto o Boiro e ainda Eibe marrou un penalti no 87´.