COPA DEPUTACIÓN: S.D. Sofán 6 vs San Lorenzo 0

S.D. SOFAN: Javi Rumbo (Jesús Jurado 46´), Iván Rey, Pablo Domínguez, Canedo (Juanjo 46´), Sera, Eibe, Jonathan, Alexandre (Matías 46´), Luis (Camilo 46´) Fabián (Parafita 46´) e Quintela

 

SAN LORENZO: Benjamín, Alex (Aarón 59´), Fidalgo, Pablo Díaz, Luciano, Pablo Garrido, Yago Varela (Alberto 46´), Jose, Brais Rey (Iván 59´), Mario e Ivi (Martín 59´)

 

GOLES: 1-0 11´Quintela   2-0 16´Canedo   3-0 35´Quintela   4-0 56´Sera   5-0 72´Quintela   6-0 77´Sera

Pasou a SD a primeira rolda da Copa Deputación nun derbi no que se apreciou a diferencia entre ambos equipos. A SD, case que co mesmo equipo que disputou a final de Copa fai un mes non tivo dificultades para imporse a un San Lorenzo plagado de xente xoven e que afronta un bonito pero complicado proxecto esta tempada. O encontro foi presenciado por case que 300 persoas nun ateigado campo do Carral, dentro dunha exquisita corrección por ambos equipos e afeccións. O dominio do xogo foi total da SD, que nesta ocasión vestía de verde, e os goles e as ocasións foron caendo do lado dos de Iván Cancela, sendo o gardameta do San Lorenzo Benxamín un dos xogadores máis destacados. Por parte local Quintela estivo moi fino de cara a gol, e o central Sera anotou dous e marrou claras ocasións para anotar algún máis. Positivo debut das fichaxes Camilo, Parafita e Jesús no segundo tempo.