S.D.SOFAN 1 vs SONEIRA S.D. 0

Crónica QPC – No Carral viuse un partidazo, propio da Copa da Costa, cheo de calidade, boas xogadas, polémica, cun Carral con case 400 afeccionados que disfrutaron du bo espectáculo. O Soneira levou o peso do balón, co seu fútbol de calidade, e a velocidade da Sd Sofán en ataque foi a súa arma. Un balón longo sobre Juan de Dora trasformouno o de Louro en gol dun gran disparo á escadra de Anxo. Respostou o Soneira nun remate na area pequena de Chinda que sacou Rumbo nunha incrible parada. O meta sofanista estivo excepcional ante a dianteira visitante. Juan de Dora tivo un man a man con Anxo pero o meta sacou co pe noutro paradón. Rumbo picouse e sacou unha man prodixiosa a tiro de Chapela. Con 1-0 foise ó descanso.

Na segunda parte chegou a polémica. O Sofán pediu penalti de Anxo a Juan de Dora, e o Soneira por mans de na area sofanista. Anulouse un gol por bando, a Fran e Raúl por fora de xogo. Novamente os porteiros foron protagonistas. Os locais tiveron unha clara ocasión nunha gran xogada de Juan de Dora, pero nin Fabián nin Luis foron quen de transformar. Na outra porta Rumbo e o pao evitaron o gol nun remate de Pichi. En definitiva, partidazo e todo no alto para a volta.

SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo, Félix, Rubén, Canedo, Jonathan ( Eibe 60´), Alexandre (Quintela 70´), Fabián (Raul 77´), Luis (Juanjo 88´) e Juan de Dora

SONEIRA: Anxo, Darío, Forján, Jota, Aarón, Sandelo, De la Sierra (Nazo 77´), Alex Figueiras, Chinda (Fran 66´), Chapela (Agra 75´) e Pichi

GOL: 1-0 20´Juan de Dora