FINAL COPA DA COSTA

ALLAS C.F. – Julián Couto, Raúl Añón (Cristian 89´), Pablo Vigo, Alex Canedo, Dani Becerra, Oliver (Abel 72´), Julián López, Doro, Camilo (Kevin 86´), Marcos e Alex Blanco (Uxío 78´)

S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Iván Rey (Sera 72´), Pablo Domínguez, Félix, Rubén (Raúl 88´), Canedo, Eibe (Jonathan 85´), Luis, Alexandre (Quintela 76´), Fabián, Juan de Dora

GOLES: 1-0 83´Dani Becerra   1-1 89´Félix

ARBITRO: Ordóñez Rodríguez, Marcos, que amonestou a Pablo Vigo e Raúl Añón por parte do Xallas, e a Félix, Pablo Domínguez, Canedo e Iván Rey por parte do Sofán

O Xallas proclamouse campión da Copa da Costa ó vencer ó Sofán nunha emocionante tanda de penaltis. O encontro foi como se esperaba, de máxima igualdade e tensión, ante unha masa de xente que rondou as 1.700 persoas nun Platas Reinoso de Baio engalanado para a ocasión. O magnífico ambiente, a TVG2 dando o partido en directo e a perfecta organización propiciaron un gran espectáculo digno do noso torneo máis querido.

No meramente deportivo, ambos equipos mostraron que se coñecen á perfección, e que sabían que un mínimo erro podía decantar a final. Así non se arriscou nada no primeiro tempo, período de tanteo. Eibe busco o gol de falta directa sen sorte, e respostou Doro cun remate que se foi a córner no 5´. No 9´Pablo Vigo, o inesperado heroe da final, rematou un córner fora. O xogo foi de centrocampismo e ata a media hora non tivo o Sofán unha clara chegada, cunha boa contra, con centro de Juan de Dora que se pasea pola area. No 33´a ocasión máis clara deste periodo, un centro de Camilo deixouno Alex Blanco e Doro rematou, bateu en Félix e case se convirte no primeiro tanto.

No segundo tempo o Sofán saíu buscando máis producción ofensiva, e quizais mereceu algo máis. Fabián rematou alto un centro de Luis no 49´, Eibe lanzou unha lonxana falta rozando o pao no 53´, e unha gran xogada de Pablo e Canedo rematou cun disparo deste que detivo Julián no 67´. A mellor xogada do encontro fixoa Luis, indose de varios contrarios e lanzando un terrible disparo que rexeitou o largueiro. Alex Blanco tivo un remate que se foi fora por pouco e Camilo e Quintela intentárono de lonxe. O encontro chegaba ós seus intres decisivos e notábase na tensión que había no campo. No 83 chegou unha das xogadas clave: un derrubo claro a Fabián non foi considerado como penalti polo colexiado. E á saida dun córner Dani Becerra anotou o gol do Xallas, que parecía definitivo. O Sofán botouse arriba á desesperada e co tempo cumprido Félix fixo a igualada á saída doutro córner, ante o delirio da afición vermella, maioría clara onte en Baio.

A prorroga foi de conservación por ambos equipos, moi cansos, que non quería cometer un erro que lles costase a final, e douse paso a unha tanda de penaltis agónica. Rumbo detívolle a Alex Canedo, e Sera tivo o título nas súas botas pero Julián fíxolle unha gran parada. Fallou Canedo e Pablo Vigo non desaproveitou a oportunidade e doulle o título ós verdes.