S.D. Sofán 2 vs Dumbría C.F. 3

SD SOFÁN: David Pena, Juanjo, Pablo Domínguez, Félix, Canedo, Eibe (Eibe 67´), Alexandre (Nacho Eiris 67´), Jonathan (Eloy 70´), Luis (Quintela 56´), Matías e Juan de Dora

DUMBRÍA CF: Iván Bouzón, Julito (Pablo Paz 61´), Raúl, Iago, Aarón, Pesco, Fabio, Iván González (Brais 82´), Marcote (Cespón 55´), Yuyo e Capelo (Martín Pereira 67´)

GOLES: 1-0 2´Matías 1-1 26´Marcote   1-2 32´Capelo   2-2 49´Matías   2-3 67´Capelo

O Dumbría venceu no Carral, demostrando estar máis necesitado que unha SD xa pensando máis na Copa que na liga, pero que fixo un bo partido. Adiantouse a SD cun golazo de Matías, o seu primeiro da tempada. A primeira media hora da SD foi boa, controlando o balón e o xogo, pero o Dumbría foi quen de remontar en dúas accións antes do descanso.

Despois do lecer Matías de novo aproveitou un balón morto na area para igualar. O Dumbría mostrouse algo desconcertado, pero un tremendo disparo de Capelo significou a vitoria dun Dumbría que fallara claras ocasións de gol, e sufriu ó final con dous disparos de Quintela que detivo ben Bouzón.