S.D. Sofán 0 vs Ribadeo C.F. 2

Non foi xusto o fútbol coa Sd, despois dunha fin de semana moi intensa, con doble ración de partido  e un esforzo extra dos xogadores, que o deron todo hoxe pola tarde, mereceron máis, pero o Ribadeo é un equipo veterano, que sabe aproveitar ben as súas opcións, e levouse o partido das Eiroas.

De inicio, tanteo entre ambos equipos. Puido marcar Juan de Dora nun disparo dende o borde da area que sacou o gardameta visitante. O dianteiro de Louro fixo un partidazo pero non foi quen de anotar. Nunha falta que bateu no pao e na espalda de Rumbo adiantouse o Ribadeo. Tivo Juan de Dora o empate pero o seu man a man sacouno de novo o porteiro.

FOTO: Luis González

No segundo tempo mereceu a SD o empate. A pase de Juan de Dora Quintela marrou un man a man. Nunha gran contra anotou o Ribadeo o segundo. Un remate de Luis que ia a portería sacouno un defensa. Juan de Dora lanzou unha falta que sacou o porteiro e unha boa xogada de Matías rematouna Fabián fora. A Sd non atinou coa porta e caeu derrotada.

SD SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo (Sera 60´), Rubén (David 81´), Félix (Sito 46´), Canedo, Eibe (Matías 60´), Luis, Alexandre, Quintela (Fabián 51´) e Juan de Dora

RIBADEO: Hugo, Javi (MArtín Traba 70´), Prosi, Marcos, Santi, Vicente, Luki, Chris (Miguel Gomez 81´), Aitor (Poratti 60´), Iván e Diego (Isma 60´)

0-1 29´Iván   0-2 55´Santi

FOTO: Luis González