COPA DA COSTA: SD Fisterra 2 vs SD Sofán 3

SD FISTERRA: Joselu, Fabián, Piti, Roco, Breixo (Javi 62´), Roa, Gabriel Vigo, Ezequiel, Edu (Gabriel Pazos 49´), Bruno, Mané

SD SOFAN: David Pena, Sera, Pablo, Sito (Juan de Dora 32´), Rubén (Iván Rey 20´), Canedo, Eibe, Luis, Alexandre, Quintela (Eloy 71´) e Raúl (Nacho Moreno 69´)

GOLES: 1-0 43´Bruno de pti   1-1 54´Raúl   2-1 59´Roco   2-2 64´Juan de Dora   2-3 70´Nacho Moreno

Eliminou a SD ó Fisterra por un global de 8 a 3, vencendo o partido de volta en Ara Solis. O encontro no primeiro tempo estivo marcado polo vento, ó que non se adaptou a SD, e fixo que o Fisterra dominase os primeiros 45 minutos. David Pena detivo unha vaselina de Bruno cun paradón, e un penalti inventado por Baña Tajes serviu para que se adiantase o equipo de Noé.

Pero á saída de vestiarios a SD anotou nun disparo de Eibe que rexeitou Joselu e Raúl coa caña anotou. Á saída dun córner marcou Roco, pero Juan de Dora nunha contra anotou o empate e pouco despois serviu a Nacho Moreno en bandexa o terceiro. Luis estrelou un balón no longueiro nun gran disparo, e o partido foi plácido para a SD na recta final.