Copa da Costa: S.D. Sofán 5 vs S.D. Fisterra 1

S.D. SOFÁN: David Pena, Iván Rey (Adrián 46´), Pablo Domínguez, Félix (Juanjo 70´), Sito, Canedo, Eibe, Luis, Juan de Dora (Quintela 70´), Fabián (Matías 65´) e Raúl

S.D. FISTERRA: Paulo, Fabián, Dani (Jesús 46´), Breixo, Roco (Edu 60´), Javi, Bruno, Mané, Gabriel Pazos (Roa 46´), Gabriel Vigo e Noé

GOLES: 1-0 35´Eibe   2-0 38´Raúl   3-0 60´Sito   4-0 72´Luis   4-1 85´Bruno   5-1 87´Quintela

Sito xogou un partidazo e anotou un gol FOTO LUIS GONZÁLEZ

Na estrea do Carral a SD Sofán levouse con claridade o encontro de ida de oitavos e final, ante 300 espectadores que disfrutaron do novo coliseo sofanista. A Sd aproveitou o feito de que os fisterráns viñeran cun once pouco habitual e firmou unha boa renta de cara á volta en Ara Solis. Dende o inicio os de Cancela atacaron, puxeron ritmo ó partido e xeraron numerosas ocasións. Antes o gol de Eibe, xa Raúl, Sito e o propio Eibe marraran claras opcións. Con 2-0 chegouse ó descanso, e no segundo tempo, a pesar de que o ritmo foi máis baixo, Sito e Luis anotaron dous tantos máis. Raúl fallou un penalti e anulouselle un gol por fora de xogo. Anotou Bruno practicamente na única ocasión visitante pero Quintela redondeou o marcador cun golazo.

David Pena estivo moi seguro baixo os paos da SD FOTO LUIS GONZÁLEZ