COPA DA COSTA: S.D. Sofán 2 vs C.D. Baíñas 0

S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Adrián 75´), Pablo, Félix (Rubén 66´), Sera, Canedo (Juanjo 71´), Eibe, Fabián, Juan de Dora, Quintela e Raúl (Matías 60´)

C.D. BAÍÑAS: Iván, Tantán, Roi Carril (Cachi 60´), Moreira, Hermida (Damián 79´), Esteban (Oreiro71´), Mayor, Canosa (Jesús 25´), Felipe (Canay 63´), Javi Souto e Pablo Muíño

GOLES: 1-0 19´Quintela   2-0 31´Juan de Dora de penalti

A SD eliminou ó Baíñas nun partido nas Eiroas no que dominou o xogo, e aproveitou as expulsións de Pablo Muíño e Tantán no segundo tempo para non pasar apuros. De inicio a presión da SD foi demasiado para os visitantes. As ocasións sucedéronse. Quintela rematou frouxo diante de Iván, Félix botou fora unha falta no segundo pao, Raúl rematou un córner e un defensa evitou o tanto, Juan de Dora marrou un man a man. Tivo que ser Quintela de media chilena o que anotou o primeiro. Foron anulados dous goles á Sd antes do penalti que anotou Juan de Dora. Ahí estirouse o Baíñas e tivo a súa única ocasión do partido, cun disparo de Pablo Muíño ó pao tras un saque de banda.

O segundo tempo iniciouse cun man a man de Juan de Dora que sacou Iván, e coa expulsión de Pablo Muíño no 50´ por agresión a Félix. A partir de ahí o Baíñas baixou os brazos, a Sd puido anotar algún tanto máis pero pensou máis no partido do Ribadeo que no que estaba a xogar, e o marcador non se moveu.